Nestes tempos convulsos e estreñidos no presente  e  cheos de nubarróns  no futuro, senta coma unha labazada  en toda a cara  o desparrame de recursos  por  parte de calquera  , e non  digamos se tal cousa   ten que ver cas institucións públicas , por unha banda  as primeiras obrigadas a dar exemplo , se non fora  pouco,  por mandato legal  que impón facer un uso adecuado  da carteiriña de todos  que tanto custa encher , tamén  entón, por imperativos  políticos , e estéticos , aquelo de que a muller do Cesar non só ten que ser decente , senón tamén parecelo .

Os galegos sostemos co noso esforzo unha carísima  Escola Galega de Administración Pública ca sana intención de  que sexa unha fonte  de formación continua e especializada para os empregados da Xunta de Galicia, e desta maneira ver satisfeitas as  nosas  aspiracións a gozar duns servicios públicos  senón excelentes , pois o que mais se lle poida achegar., rentabilizando así a nosa inversión.

Pero acontece – Murphy  nunca descansa – que se algo ten posibilidades de saír mal, vai saír. Sempre poden aparecer personaxes , adaptables a calquera circunstancia política, valor moi interesante neste  intre de reformas no goberno da Xunta, , que en aplicación dunha iluminada maneira de entender o servicio público  e a dirección de persoal dun centro, se encargue de  que toda esta andamiaxe  se vaia tomar vento., pasando dunha soia  alancada por enriba dos dereitos dos traballadores  do centro , e do atinado uso dos recursos públicos.

Tal circunstancia  vense repetindo entre outros centros , na residencia de maiores Nosa Sra. dos Miragres de Ourense..  Como é preceptivo que a administración dea as razóns das  súas decisións  enterémonos  así, – para engordar a autoestima dos traballadores implicados – que  son xente imprescindible para o funcionamento do centro e que certos servicios de xardinería  teñen a característica de urxentes  e non admiten a demora de dous días.

Estirando a límite a nosa capacidade de comprensión , chegamos a entender tamén  que a preparación  para actuar nun eventual situación de incendio no centro , non teña  o menor interese, xa que  a Nosa Sra dos Miragres  fará innecesaria a pericia dos traballadores  a pesares de todo mais vale que non cumpra a súa intervención por se acaso.

Se a Xunta de Galiza ten un servizo de formación no que se inverte unha partida orzamentaria importante para que o persoal que presta servizo nos distintos centros actualice a súa formación e adquira novas técnicas de actuación, parécenos esquizofrénico que por un lado se oferte a formación e por outra o director da Residencia coa conivencia do Secretario da Delegación da Vicepresidencia sexan denegados sistemática a todo o persoal sen entrar, sequera, a mirar o contido do curso. A CIG,  non quere pasar de lado diante destas tropelías i esixe o cumprimento  da normativa  e a depuración das oportunas responsabilidades.