Novas por contido

Máis de 250 persoas, entre axentes forestais e axentes facultativos mediambientais, acompañados por representantes da CIG, da Organización Galega de Montes Veciñais, FRUGA, BNG ADEGA ou ERVA, entre outros, concentráronse o xoves 17 de novembro ante Medio Rural para exixir a negociación “seria e efectiva” dun novo acordo de condicións de traballo.

A concentración convocouse tras da multitudinaria asemblea foi convocada polas organizacións sindicais  CIG, CSIF, CCOO e UGT, en representación do persoal das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais da Xunta de Galicia, en demanda de que se negocie un novo acordo de condicións de traballo coa fin de solucionar os serios problemas laborais e funcionais. O remate da integración no grupo C, tanto o proceso que está en marcha como a convocatoria dos seguintes.

Xunto a iso, exixen un Regulamento para Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais; a cobertura de vacantes, e baixas de longa duración; a regulación para a designación dos axentes de conservación a incendios, vestiario, competencias…; credenciais para todos e todas; recoñecemento social e profesional e a inclusión dos Axentes Forestais/Medioambientais na Lei de montes e demáis lexislacións sectoriais do ámbito medioambiental.

Alén diso, denunciaron o “desprezo continuo por parte dos responsábeis da Consellaría de Medio Rural os que, aínda despois da vaga de lumes de outubro, no pleno parlamentario do 26 de outubro o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, atreveuse a dicir que os axentes forestais “non son policía” coa intención de xustificar o desmantelamento das BIIF (Brigadas de Investigación de Incendios Forestais)”.
Do mesmo xeito, denunciaron que Medio Rural tachara de “esnobismo” o criterio técnico do 30-30-30 nun exercicio de absoluta ignorancia e reducira a superficie queimada en outubro a  4.000 has.
Por todo isto, exixiron a dimisión inmediata de Samuel Juárez así como a destitución fulminante dos responsábeis do que denominaron como “desastre ecolóxico”, o Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas e o Subdirector de Incendios Forestais, José Carlos Costas López.
Tamén subliñaron o “obstinamento” do Director Xeral de Montes en que non se convoque a Comisión de Seguimento do Acordo de Axentes Forestais, “promovendo xornadas longuísimas aos compañeiros que estiveron dirixindo os incendios deste mes de outubro e, finalmente a imposición ilegal do período extraordinario a partires do 17 de outubro”.
As organizacións sindicais lembran ademais que solicitaron en numerosas ocasións a convocatoria da Comisión de Seguimento para a elaboración dun novo Acordo, cualificando o actual de “obsoleto e ineficaz, alén de estar caducado” e, acordaron demandar, entre outras, “impulsar o Regulamento dos Axentes Facultativos Medioambientais, e os procesos selectivos pendentes para a integración definitiva no grupo C1, así como o remate do que na actualidade está en marcha”.
Na xuntanza tamén salientaron o incumprimento da cobertura das vacantes, baixas e permisos o que fai, segundo afirmaron, que en algúns distritos estean sen cubrir o 30% dos postos, provocando un exceso de carga de traballo nos compañeiros e compañeiras.
“Mentira e manipulación de Medio Rural”
Xunto a isto, a CIG-Administración, sector da Autonómica, vén de denunciar a “mentira e manipulación” da consellaría de Medio Rural, pola publicación na súa web dun comunicado, coincidindo con esta multitudinaria asamblea, por afirmar que hai un diálogo aberto que é inexistente. “Por iso as organizacións sindicais solicitamos de xeito conxunto, unha vez máis, a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento”, lembran.
A CIG denuncia que o pasado mércores, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, asistiu en Ourense a unha presentación na Universidade, e logo, de paso, foi tomar uns pinchos acompañado por xefes/as de distrito e algún axente territorial de conservación da Natureza, pero que “non houbo ningunha xuntanza cos traballadores axentes forestais que participaron na vaga de lumes de outubro (razón pola que supostamente se fixo o convite) nin dos seus representantes legais en Ourense, ao contrario do que se afirma na páxina web”.
Sobre a valoración, que se fixo neses pinchos, das causas da elevada actividade incendiaria, aseguran que “non había ningun axente do SPDCIF nen das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) para facer dita análise”. Engaden que no apartado onde Medio Rural resposta supostas demandas laborais dos axentes, “temos que decir que non son ás prioritarias e reflectidas nos escritos presentados polas organizacións sindicais representativas. Ademais continúase con trolas no comunicado como que “todolos axentes teñen número de identificación” cando hai máis de 100 axentes que a día de hoxe teñen que por os seus datos persoais para facer unha denuncia”.
Respecto da outra cuestión que plantea Medio Rural, as compensacións polos servizos extraordinarios, do 18 ao 24 de outubro explican que “nós non pedimos esmola nengunha, trabállase arreo e na dirección de extinción de incendios o exceso horario non foi só neses días”, engadindo que a prioridade dos traballadores “é a dignificación laboral dos axentes forestais e axentes facultativos ambientais, incluído o desfase salarial que fai que os axentes da Xunta de Galicia sexan os peor valorados de todo o Estado e os que teñen maior responsabilidade e funcións”.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...