Resumo da xuntanza mantida entre a Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais co concelleiro de Transportes e o xerente dos buses urbanos. O obxecto da reunión foi tratar os temas da problemática do aparcamento no entorno de San Caetano e os buses urbanos:

1. Con respecto a problemática do transbordo entre liñas do bus urbano.

Demándase a aplicación do transbordo gratuíto entre liñas coma nas tarxetas do resto dos colectivos.

O concelleiro respóndenos que nese tema o concello non ten nada que ver, xa que as condicións que teñen os bonos da Xunta son consecuencia dun convenio feito entre a Xunta de Galicia e a empresa operadora (TRALUSA). Este convenio é anterior a implantación do transbordo entre liñas. Nos bonos normais ese custo o asume o concello nun convenio que ten establecido ca empresa operadora.

2.  Liñas de autobuses do Gaias.

Demándase unha cobertura frecuente de transporte urbano para os traballadores da Xunta na Cidade da Cultura.

Explican que na actualidade o servizo para os traballadores do Gaias comezou a cubrirse desde o mes de setembro coa liña C11 co horario dunha viaxe de ida ás 7:30 horas que sae de Ponte Castro e outra viaxe de volta que sae do Gaias ás 15:20.

Explican tamén que os outros autobuses que soben ao Gaias son os dos visitantes e parten da dársena de Xoan XXIII cuns horarios que están postos para outro fin e que polo tanto non están previstos para o persoal que alí traballa. Este buses teñen un contrato ata o mes de decembro, prorrogable.

En todo caso, comentan que están a traballar nun plan de viabilidade para modificar algunhas liñas, horarios, frecuencias, para así adecuarse as novas necesidades da cidade e que pretenden que a primeira fase(onde iría o tema da liña do Gaias) comenze no mes de xaneiro; en todo caso, faran publicidade do tema, e abrirán un prazo para que se fagan alegacións.


3. Aparcadoiro proximidades San Caetano

Demándase unha solución para o problema de aparcadoiro na contorna de San Caetano. Iste problema agudizouse recentemente polo establecemento da zona verde exclusiva para residentes e máis polas obras do camiño francés.

Manifesta o concelleiro que están a traballar nun novo sistema para quítalo tráfico do centro da cidade, consistiría en utilizar os aparcadoiros de Santa Marta e de Salgueiriños, aparcadoiros de borde, como lugar onde os cidadáns deixarán o seu coche para logo utilizalos autobuses lanzadeiras que partirían cada quince minutos de cada un dos aparcamentos. Están a traballar en primer termo co de Santa Marta xa que segundo nos din o aparcamento do Clínico o están a regular aínda que esto é competencia do Sergas, e polo tanto necesitaranse espazos de aparcamento na zona.

Con respecto a que nos cedan de maneira gratuita un número de prazas responden que esto non sería posible xa que os vecinos de Santiago que pagan os seus impostos teñen que pagar e polo tanto non sería xusto. Propoñen que nos falemos coa Xunta para intentar facer un convenio entre o concello e a Xunta e asi que a Xunta asumise ese gasto ou ben un sistema de bonos máis económico xustificandoo pola asiduidade mensual. O precio na actualidade do aparcadoiro de salgueiriños é de 1,50 €/diarios.

Con respecto ás prazas suprimidas do camiño francés polas obras, infórmanos de que non se van recuperar no futuro. Porén, no centro comercial crearanse 2000 prazas, das cales 500 son de superficie. Inicialmente, a empresa que xestionará o centro comercial di que serán gratuítas (do estilo das do Corte Inglés). Iso si, é potestade desta empresa que o sexán ou non no futuro.

Por último, cometanos que están a recibir quexas dos veciños pola ocupación das prazas de garaxe dos residentes e que na actulidade os municipais están multando cando reciben aviso destes casos.