No DOG do 28/11/2011 publicase a resolución pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes para o acceso ás vinculacións temporais no Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellaría de Sanidade nas seguintes categorías:

  • Grupo auxiliar da función administrativa

  • Persoal de servizos xerais

  • Celador/a

As solicitudes deberán rexistrarse no prazo comprendido entre o 1 de decembro de 2011 e o 15 de xaneiro de 2012. Os méritos computábeis serán os causados ata o 31 de decembro de 2011.

A solicitude formalizarase a través do currículo profesional habilitado na páxina web do SERGAS, na epígrafe correspondente do FIDES/expedient-e, no apartado procesos.