Dende a semana pasada a CIG-Autonómica dispón dun novo local sindical no Edificio Administrativo de Pontevedra. Levamos pedindo dispor del dende decembro do pasado ano porque creemos que os delegados sindicais deben estar no centro de traballo xunto cos seus compañeiros. A Administración foi adiando este tema ata que hai unha semana nos instalamos definitivamente aquí sen apenas medios nin teléfono, pero con gañas de empezar esta nova andaina.

Nestes días un sindicato amarelo difundíu un libelo sobre os locais sindicais cheo de falsedades e infamias e por iso queremos deixar claro que a CIG é o sindicato máis representativo na Mesa Xeral de Negociación dos empregados públicos da Administración galega. O é tamén na Mesa Sectorial de Funcionarios. E na provincia de Pontevedra é o sindicato maioritario na Xunta de Persoal con 9 delegados de persoal fronte aos 2 que ten CCOO.

Estes indolentes aos que lles pode a molicie non necesitan en realidade nin un metro cadrado, pois hai unha semana que dispomos dos locais e eles aínda non apareceron por aquí. Ao final pasará como en Vigo, onde a CIG é o único sindicato presente, mentras os de CCOO nin aparecen polo local.

Querer substraerse ao criterio da representatividade á hora do reparto dos locais sindicais é facer unha burla aos traballadores. Dispor de local sindical e non usalo é unha burla aos traballadores. Dirixir a súa acción sindical contra a CIG en vez de contra os nosos patróns é unha burla aos traballadores.

Nós xa estamos no novo Edificio administrativo de Pontevedra!

Edificio administrativo de Pontevedra - 1º andar - Locais sindicais - Tlf: 986 805 515         pontevedra@cigadmon.gal