Novas por contido

A Dirección Xeral da Función Pública vén de convocar unha xuntanza extraordinaria da mesa xeral de empregados públicos coa seguinte orde do día:

1.- Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística (descargar documentación)

2.- Proposta de modificación da RPT da Consellaría de Sanidade (descargar documentación)

3.- Proposta de modificación da RPT da Traballo e Benestar (Escolas infantís) (descargar documentación)

4.- Proposta de modificación da RPT da Consellaría do Mar (descargar documentación)

Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do correo autonomica@cigadmon.gal

Descargar a convocatoria da mesa xeral extraordinaria

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...