Achéganos a Consellaría de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio a proposta de RPT para a nova Axencia Galega de Infraestruturas. Despois da publicación no DOG dos decreto que aproban os estatutos do ente e máis da recente orde pola que se ditan actos dirixidos á súa constitución e posta en funcionamento, chégalle agora a hora á RPT.

A primeira das xuntanzas terá lugar o vindeiro venres, 16 de decembro, e como sempre podedes facernos as vosas achegas a través de autonomica@cigadmon.gal

Descarga a documentación