Achéganos a Consellaría de Presidencia un borrador dun novo Decreto polo que se regula o parque móbil. Neste borrador fálase de "aproveitamento óptimo dos recursos automobilísticos existentes". Anteriormente e a través da prensa xa se fixeron públicas as intencións desta racionalización con medidas máis ou menos "curiosas". En todo caso, existe un capítulo adicado ao persoal ao servizo do Parque Móbil que por afectar ás súas condicións de traballo precisa especial atención.

Como sempre, podedes facernos as vosas achegas a través de autonomica@cigadmon.gal

Descarga a documentación