Dende a CIG-Autonómica queremos denunciar a escasa importancia que se lle da ao uso correcto da nosa lingua nos exames de oposicións da Xunta de Galicia. O último exemplo: as do corpo de subalterno do 28 e 29 de marzo. Detectáronse varios erros ortográficos e gramaticais en ambos exames, que consideramos que a Administración autonómica, no seu compromiso co galego, non debera cometer. Podedes atopar unha listaxe cos erros no seguinte fío do noso foro.

O caso da laxitude ortográfica e gramatical é outro negro exemplo de discriminación lingüística. Calquera erro á hora de escribir en castelán é moito peor visto en xeral, e en particular pola administración, que facelo en galego. A esixencia neste aspecto no só é un indicativo de respecto dunha lingua, senón que é necesario para logralo.