Proba co seguinte CÓDIGO PROMOCIONAL:  subdirección xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental

Denunciado quedou xa en varios Boletíns e ante Función Pública diversas falcatruadas nas comisións de servizo e apalancamento de postos varios que despois non saen a concurso. Unha das situación destacables é a da persoa que ocupa o posto da subdirección xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental, que leva con sucesivas comisións desde o 2006. E insistimos, a culpa non é da persoa que renova senón da persoa que autoriza.

Coma non hai dúas sen tres, neste ano, o 14 de decembro volvéuselle renovar a comisión de servizos. Anteriormente, con data 19 de outubro xa presentamos un escrito dirixido por rexistro ao director xeral de Función Pública e á conselleira de Facenda, recordándolle a súa obriga de atender o cumprimento da normativa. A nosa denuncia non só foi ignorada senón que continúan a renovar esta situación irregular.

Unha situación que non deixa de ser, canto menos, curiosa. Non se entende que se unha persoa é valida para ocupar ese posto durante anos en comisión de servizo, non o sexa tamén para cubrila en libre designación. Máxime tendo en conta a modificación da Lei de Función Pública de Galiza no seu artigo 66 para o persoal que provén das universidades.

A CIG ten denunciado en reiteradas ocasións o incumprimento da feble normativa das comisións de servizo e mesmo propuxo a súa mellora atendendo a criterios obxectivos. Do mesmo xeito, esixiu unha mellora na aplicación de seguimento para facilitar o control da legalidade. Por outra banda, somos conscientes que os males endémicos das comisións de servizo só rematarán cando se instaure o hábito de concursos de traslados permanentes ou canto menos coa periodicidade que marca a lei. Por iso volvemos a demandar:

CONCURSO DE TRASLADOS XA!

Nota adaptada e remitida aos medios