Máis que CIG-Autonómica
Dentro da campaña de mobilizacións que a central nacionalista está a desenvolver de cara a Folga Xeral do 29 de Marzo

A CIG ten convocadas para hoxe, xoves 22 de marzo, concentracións simultáneas nas cidades galegas e en varias vilas do País en contra da agresiva reforma laboral aprobada recentemente polo PP e para aglutinar forzas de cara a dar unha contundente e masiva resposta na folga xeral do xoves 29 de Marzo.
Con estas concentracións a central sindical pretende tamén trasladar aos gobernos español e galego o rexeitamento que existe nos centros de traballo a respecto desta brutal e regresiva reforma laboral. Unha reforma laboral que ten a dimensión dun golpe de estado e vén acabar cos poucos dereitos laborais que a clase traballadora conquistou nas últimas décadas.

A CIG reitera que modificación da regulación do mercado laboral non ten como obxectivo fomentar a creación de emprego, senón ao contrario, só servirá para axudar a destruílo, deixando nunha posición de total indefensión ao traballador/a fronte á patronal. Esta reforma do PP está dirixida a abaratar e facilitar o despedimento, provocar unha baixada xeneralizada dos salarios, precarizar as condicións de traballo e desmantelar a negociación colectiva como arma fundamental da clase obreira para mellorar as súas condicións de vida.

Horarios e lugares das concentracións

A Coruña: ás 20:00 horas na Praza de María Pita.

Compostela: ás 19:30 horas na Praza do Obradoiro

Ferrol: ás 19:30 horas na Praza do Concello

Lugo: Asemblea informativa ás 20:00 horas, diante da Sede do PP (r/ Poeta Ramón Cabanillas, 10)

Pontevedra: ás 20:00 horas diante da sede do PP (r/ Rosalía de Castro)

Vigo: ás 20:00 horas diante do MARCO

Vilagarcía: ás 20:00 horas diante do Concello

A Guarda: ás 20.00 horas diante da Casa do Concello

Arteixo: ás 20:00 horas no Anfiteatro do Paseo Fluvial

Betanzos: ás 20:00 horas na Praza da Constitución

Cambre: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

Cangas: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

Carballo: ás 20:00 horas, diante da Casa do Concello

Culleredo: ás 19:00 horas no Parque Europa

O Barco de Valdeorras: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

O Porriño: ás 20:00 horas diante da Casa do Concello

Ordes: ás 20:00 horas na Alameda

Redondela: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello

Verín: ás 19:30 horas diante da Casa do Concello