Máis que CIG-Autonómica

Na web da forGA está dispoñíbel un formulario para denunciar as empresas que presionan aos seus traballadores e traballadoras para que non poidan exercer o seu dereito á folga. Mediante este formulario podes deixar constancia das presións, coaccións, ameazas e advertencias que as empresas exerzan para que non se secunde a folga xeral do 29 de marzo.

O formulario, totalmente anónimo, está deseñado para recoller tanto denuncias de afectados e afectadas, como de calquera persoa que sexa coñecedora dalgún caso de manipulación e presión patronal, co obxecto de que non se saia á rúa en defensa dos seus dereitos o 29 de marzo.

Con todas as denuncias que se reciban farase un informe dirixido ao Parlamento de Galiza e aos Parlamentos do Estado e Europeo, así como ao Valedor do Povo.

Formulario de denuncia