O vindeiro 17 de Maio, Queremos Galego, plataforma da que forma parte a CIG, convoca unha vez máis á cidadanía a participar nunha grande mobilización en defensa do galego, ante os ataques que está a sufrir desde o goberno de Feijoo, quen tendo como Presidente da Xunta mandato de defender, por en valor e difundir a nosa lingua, e promocionar a súa recuperación, incúmpreo reiteradamente, non só por desidia senón mesmo con accións dirixidas claramente á minimización e desprezo do galego

Non podemos ficar calados/as ante esta afrenta,

e por iso é que a Plataforma Queremos Galego decidiu convocar a manifestación que estamos a preparar para o xoves 17 de maio, con saída ás 12 hs desde a Alameda de Santiago. Pretendemos que sexa esta unha acción combativa, reivindicativa, mais tamén festiva, a nosa lingua está viva pese a quen lle pese. Denunciemos e paremos os ataques contra o galego festexándo a nosa lingua cunha mobilización masiva.


Participa na Manifestación Nacional pola Lingua o vindeiro xoves 17 de maio, a partir das 12 hs desde a Alameda de Santiago! Paremos os ataques contra o galego!

Máis información en queremosgalego.org