Inicio
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


Venres, 15 Marzo 2024

Segue o nepotismo de xefa territorial de Sanidade de Ourense

A CIG pide o cese da xefa territorial de Ourense da Consellería de Sanidade por repartir a dedazo os postos de nivel sen “as funcións” e sen mover ao persoal ao posto adxudicado

Na CIG-Autonómica denunciamos a situación que dende fai anos está a acontecer nesta xefatura e específicamente no Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Ourense.

Neste servizo, a data de hoxe, están creados un total de 31 postos:

  • 3 xefaturas de sección (nivel 25)
  • 7 xefaturas de negociado (nivel 18)
  • 9 ...

Venres, 15 Marzo 2024

Xubilación anticipada para o persoal axente ambiental, XA!

A CIG insta a xubilación anticipada para o persoal das escalas de axentes ambientais á Xunta de Galiza e na Lei básica que se está a tramitar no Congreso dos Deputados/as

A CIG insta á Xunta de Galiza para que dea cumprimento do Acordo sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais de Galicia asinado coas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT o 11 de outubro de 2018 para que procedan a solicitude de implantación de coeficientes reductores para o persoal das ...


Xoves, 07 Marzo 2024

8 de Marzo: a Xunta de Galiza e o seu PLAN DE “IGUAL DÁ”

Este é o primeiro 8 de marzo no que o persoal da Xunta de Galiza vai contar cun Plan de Igualdade aprobado pola administración da Xunta e os sindicatos CCOO, CSIF e UXT, co voto en contra da CIG

Porque votamos en contra? Porque este Plan non recolle nin un mínimo de medidas que poidan mellorar a situación das traballadoras na Xunta de Galiza; porque asinar o Plan, tal e como se fixo, é unha oportunidade perdida de adoptar unhas medidas para conseguir avances reais en igualdade; porque non se ...


Martes, 05 Marzo 2024

Concurso de traslados: que pasa co do persoal veterinario da Xunta de Galiza? E do resto de escalas?

A Dirección Xeral de Función Pública négase a meter no concurso de corpos especiais, que se vai publicar este 11 de marzo, ao persoal veterinario pero non o xustifica nin dá razóns. A consecuencia é que xa temos ata tres promocións en destino provisional e máis de 700 compañeiros e compañeiras pendentes dunha mobilidade ou dun destino definitivo que nunca chega. 

Tendo en conta que segundo manifestou o Director Xeral de  Función Pública para todos os procesos selectivos as tomas de ...


Xoves, 15 Febreiro 2024

E as condicións de traballo do persoal non docente dos centros de ensino, "pa" cando?

O 12 de febreiro quedou aprobada unha nova modificación parcial da RPT de Educación co voto en contra da CIG e a abstención do resto das organizacións sindicais (CCOO, CSIF e UGT).

O voto en contra da CIG non é tanto pola RPT en si, se non que se debe a que para a xustificación de creacións e amortizacións de postos seguen a empregar os ratios da Circular do ano 1994 coa que non concordamos por considerala desfasada e que non se axusta á realidade dos centros e tampouco foi negociada en ...


Martes, 13 Febreiro 2024

Retiran os tempos de programación educativa e, temos que estar caladas?

O Consorcio exerce presión sobre as súas traballadoras ante a mobilización pola eliminación das titorías e tempo para a programación educativa

Ante a mobilización convocada pola CIG mañá 14 de febreiro ás 11 horas diante dos Servizos Centrais do Consorcio e Política Social en Compostela, o Consorcio de Igualdade e Benestar enviou ás familias e ás traballadoras unha carta comunicando que a información trasladada nos últimos días polas compañeiras de “non ter titorías é unha ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobado o Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF

O Acordo de condicións laborais do persoal do SPIF foi aprobado na Comisión de Persoal do luns día 12 de febreiro

Despois dun tempo de loita e mobilización para conseguir a negociación real dun Acordo de condicións de traballo para os compañeiros e compañeiras do Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Galiza (SPIF), a Administración convocara para o pasado 8 de febreiro unha primeira xuntanza coa que se iniciou un proceso negociador con Función Pública que, tras varias idas e ...


Luns, 12 Febreiro 2024

Aprobados os concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias

O luns 12 de febreiro quedaron aprobadas as bases dos concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías, arquitectura e ciencias, os dous coa abstención de CIG. A publicación en DOG tardará unhas semanas, tempo no que aínda poderemos alegar ás prazas.

As bases destes dous concursos son case idénticas ás dos concursos dos últimos meses (incendios, axentes medioambientais, consumo e gardacostas). Pero nesta ocasión houbo un condicionante que impediu o voto favorable da CIG: a incerteza ...


Luns, 12 Febreiro 2024

O empobrecemento do persoal do Agacal

Nesta funcionarización expres que a Función Pública mete nunha mesa “multiasuntos” consolídade a discriminación salarial do persoal dos centros agrarios da Xunta.

Nos centros de AGACAL prometeron unha mesa de negociación de pluses no ano 2021, cando se aprobou tamén ás presas, a primeira relación de postos de traballo (RPT). 

Esta negociación finalmente non foi adiante a pesar de que logo das mobilizacións do persoal dos centros en maio de 2023, a Xerencia do Agacal e a Dirección Xeral da ...


En efecto, o Real Decreto-Lei é unha norma fiscal disfrazada de norma estatutaria. Así, o art.31 CE prescribe que “Todos contribuirán ao sostemento das cargas públicas mediante un sistema tributario xusto”. Porén, o Real Decreto-Lei impón unha carga a un sector da cidadanía moi concreto, os empregados públicos, para atender cargas xerais de gasto público (no debe esquecerse que o recorte da paga extra non xera un ingreso afectado a unha finalidade específica). Neste sentido, a medida lembra figuras pretéritas como a requisa o ou o diezmo, dado que, na práctica, o recorte de salarios públicos é un imposto cuxo suxeito pasivo son os empregados públicos. E isto a pesar de que eran posibles outros recortes e gastos políticos máis equitativos e respectuosos desde o punto de vista constitucional.

2.- Incumprimento do presuposto da "extraordinaria e urxente necesidade" que impón o artigo 86 CE para habilitar a aprobación dun Decreto-Lei.

En primeiro  lugar, non  pode apreciarse a “necesidade” do Decreto-Lei para saquear os ingresos dos empregados públicos, dado que, se hai alternativas máis racionais, a necesidade disólvese. Abonda con considerar a posibilidade de aprobar medidas de loita contra a fraude fiscal e outras medidas de aforro ou aumento dos ingresos que o Goberno nin sequera toma en consideración.

En segundo lugar, máis que necesidade “extraordinaria”, a necesidade convírtese en “ordinaria” e, como tal, previsible, existindo sobrados mecanismos lexislativos para tramitar por medio de Lei ordinaria coas súas garantías parlamentares (mesmo por procedemento de urxencia), antes que aprobar un Decreto-Lei con “nocturnidade e aleivosía”.

E en terceiro lugar, tampouco parece que tal necesidade sea “urxente” no caso da supresión da paga extraordinaria de Nadal, dado que se devenga o 1 de decembro de 2012, de xeito que hai tempo sobrado para tramitar unha Lei ordinaria que definise a aplicación destas medidas.

3.- Incumprimento da funcionalidade dun Decreto-Lei, que se convirte nun caixón de xastre con cargas tan diversas como o incremento do IVE, a minoración de dereitos sobre permisos e cobertura en caso de baixa por incapacidade temporal dos empregados públicos, o estrangulamento da Lei de Dependencia, suba de enerxía eléctrica, beneficios fiscais para a candidatura olímpica de Madrid-2020 e, de paso, a supresión da paga extra de decembro dos empregados públicos.

En efecto, todos lembramos a severa reprimenda do Tribunal Constitucional ao lexislador ordinario pola técnica do “amontonamento” aplicada nas Leis de acompañamento aos orzamentos: aprobábase unha lei tramitada en paralelo á lei anual de orzamentos, por un trámite acelerado e sen garantías, aprobando unha infinidade de modificacións legais.

En toco caso, un Decreto-Lei é unha ferramenta lexislativa de emerxencia e non pode servir para modificar arbitrariamente calquera disposición legal, sen respectar leis ordinarias e especiais. Neste sentido, o presente RDL 20/2012 non cumpre co requisito de especialidade que lle é propio a todo decreto-lei.

4.- Modificación por un Decreto-Lei, con natureza de norma especial, dunha norma de carácter xeral.

Hai que reparar en que o Estatuto Básico do Empregado Público aprobado pola Lei 7/2007 é a norma básica por excelencia pola que se regula o estatuto funcionarial e, no seu artigo 22, dedícase á estrutura retributiva dos funcionarios sinalando que entre as retribucións básicas están “as pagas extraordinarias” precisando a continuación que “as pagas extraordinarias serán dúas ao ano, cada unha polo importe dunha mensualidade de retribucións básicas e da totalidade das  retribucións complementarias”.

Porén, con defectuosa técnica normativa, o RLD 20/2012 non derroga ese artigo 22 do EBEP nin sequera o suspende, senón que utiliza un eufemismo ( “non percibirá no mes de decembro de 2012 ningunha contía en concepto de paga extraordinaria”, art.3 do Real Decreto-Lei), é dicir, como se subsistise o dereito ao cobro da paga extra por parte do empregado público, mais non a obriga de pagar a dita paga extra por parte da Administración.

5.- Derrogación material do dereito á negociación colectiva, con omisión do máis mínimo consenso ou participación social.

Un Decreto-Lei pode ser incompatible teoricamente cun prolongado trámite parlamentario, mais aprobar unha norma que derroga de facto o Estatuto Básico do Empregado Público, que afecta a máis de dous millóns de empreados públicos, como mínimo debería cumprir o principio de participación imposto polo art.105 CE, mais na práctica foi aprobado sen o máis mínimo consenso coa representación dos empregados públicos. O resultado é que o Decreto-Lei 20/2012 é unha norma cun un gran baleiro democrático.

Cómpre destacar a extraordinaria gravidade da medida que supón derrogar na práctica a garantía constitucional da forza vinculante dos Convenios Colectivos, permitíndolle ás Administracións suspendelos ou modificalos unilateralmente, abondando para iso con "informar" ás organizacións sindicais.

6.- Violación do principio de “confianza lexítima” do dereito comunitario da Unión Europea.

Alén da obriga do Poder Executivo de respectar a confianza lexítima para o Executivo nas súas actuacións, está o principio de primacía do Dereito Comunitario da UE. Non debe esquecerse que este principio orixinado no Dereito Europeo está vencellado aos principios de seguridade xurídica, así como aos de irretroactividade e protección dos dereitos adquiridos, dado que o Dereito ampara a expectativa que se teña orixinado na cidadanía.

Resulta evidente que o principio de confianza lexítima é aplicable á previsión de cobrar a paga extra, que existe desde tempo inmemorial. En suma, un Decreto-Lei non pode dispor a supresión da paga extra cando as decisións económicas e persoais dos empregados públicos adóptanse contando con tal previsión, debendo como mínimo aprobarse disposicións transitorias ou similares que posibiliten a adaptación dos prexudicados a un cambio de criterio legal de tal calado e efecto económico.

7.- Vulneración do principio xeral de proporcionalidade.

Ao igual que se fala de “presión fiscal”, se a normativa retributiva fose unicamente a estatal, podería aducirse unha especie de “presión retributiva” homoxénea. Porén, sobre o empregado público proxéctanse máis recortes en conceptos retributivos distintos das “pagas extras” (complemento específico, de destino,etc), e procedentes en ocasións de Administracións distintas do propio Estado central, co que resulta sometido a unha “presión retributiva” ou “tormenta de recortes” contrarias ao máis elemental principio de proporcionalidade.

8.-  Violación do principio de igualdade na súa vertente de proporcionalidade.

Un recorte que afecta por igual a que cobra de xeito desigual non é proporcional. A paga extra vencéllase ao soldo e complementos, pero unha cousa é que tal recorte sexa proporcional e outra distinta é que sexa progresivo, dado que certamente a privación da paga extra a un mileurista ocasiónalle máis estragos que a supresión da paga extra a un alto cargo. Esta última comportará a redución do consumo elástico, mentres que no caso do persoal mileurista quedarán afectados mesmo os gastos máis básicos.

É certo que o propio RDL 20/2012 pretende humanizarse de forma ousadamente burda cando afirma que “non será de aplicación a aqueles empregados públicos cuxas retribucións por xornada completa, excluídos incentivos ao rendemento, non alcancen en cómputo anual 1,5 veces o salario mínimo interprofesional estabelecido no R.D.1888/2011, de 30 de decembro”. No entanto, o impacto desta medida é meramente teórico ou testemuñal, xa que se refire a retribucións brutas e non se aplica a que non teña xornada completa, polo que, por exemplo, non será de aplicación a ningún empregado público da Xunta de Galicia.

9.- Vulneración da prohibición da arbitrariedade (art.9 CE)

A arbitrariedade da decisión explícase na súa inspiración pragmática e non razoada. Nin sequera se toma en consideración a posibilidade de incidir en xacementos de riqueza (grandes fortunas ou rendementos), senón que se literalmente se saquean as rendas e os dereitos dunha parte concreta da poboación (empregados públicos, persoas dependentes e desempregados).

10.- Vulneración da dignidade da persona en relación cos dereitos constitucionais e, particularmente, co dereito do traballador a unha remuneración suficiente para atender as necesidades do traballador e da súa familia (art.35 CE).

En particular, hai que reparar en que o Estatuto Básico do Empregado Público diferencia entre retribucións básicas (soldo, trienios e pagas extraordinarias) e retribucións complementarias. Por definición, o “básico” é o esencial, o mínimo e irrenunciable para que a condición de empregado público non sexa onerosa.

Neste sentido o Tribunal Constitucional Federal alemán aplicou, en sentenza de 15 de febreiro de 2012, o principio de alimentación constitucionalmente consagrado (art. 33.5 do Grundgesetz ou Lei Fundamental de Bonn), que obriga á República a “garantir aos seus empregados públicos uns ingresos que permitan unha vida digna”).

Porén, no caso dos empregados públicos das diferentes Administracións do Estado, logo de padecer como calquera cidadán o incremento primeiro do IRPF, agora do IVE e a conxelación en varios exercicios da actualización das súas retribucións, contaban con a paga extra como salvavidas que permitise salvar con dignidade os excesos e imprevistos da vida cotiá. O recorte da dita paga no actual contexto de depresión económica e suba de impostos coloca nunha situación de precariedade aos empregados públicos mileuristas, especialmente cando son bombardeados por moitas outras medidas (menos asistencia social para familiares dependentes, non cobertura salarial en caso de baixa por incapacidade temporal, etc).

Doutra banda, cómpre salientar que o Tribunal Constitucional da República Portuguesa declarou a inconstitucionalidade dun recorte similar aos empregados públicos do país irmán, agora reproducido polo Goberno español.

Por último, cómpre ter en conta que a pesar do abrumador argumentario en contra da adecuación do Real Decreto-Lei 20/2012 á Constitución de 1978, desgraciadamente resulta temerario aventurar unha hipotética declaración de inconstitucionalidade por parte do Tribunal Constitucional, tendo en conta os precedentes no caso do anterior recorte aprobado polo Goberno de Zapatero polo que, ademais de dar a loita a nivel xudicial, corresponde ao conxunto da cidadanía opoñerse a estes recortes e facer valer os seus dereitos nas rúas.


Fonte:

El tufo de inconstitucionalidad del Real Decreto Ley 20/2012, de 13 de Julio