Inicio
CIG-Autonomica
  • 20120501.Vigo.1.jpg
  • 20120214.Lugo.1.jpg
  • 20120621.cadea_humana.san_caetano_6.jpg
  • 20130305.Vigo.Carrousel.jpg
  • 20120501.Pontevedra.1.jpg
Xoves, 23 Mai 2019

A Xunta pretende reducir o número de bombeiros forestais que traballan en alto risco

A Xunta pretende reducir na RPT da consellería de Medio Rural o numero de brigadas para alto risco e o numero de bombeiros/as por brigada en relación ao 2018.

A esta 3ª xuntanza o 22 de maio de 2019 asisten os responsables do servizo de persoal e o subdirector xeral de Extinción de Lumes. Solicítaa a CIG polos inmensos erros na documentación e para que a Xunta aclare a proposta e a distribución das novas prazas de alto risco e non liquide así  a “negociación”, por iso:

Denunciamos que as...


Venres, 17 Mai 2019

A Xunta de Galiza paraliza os concursos de traslados do seu persoal con fins políticas

O último gran concurso de traslados na Xunta convocouse o 20 de maio de 2015 e abriuse o prazo de toma de posesión o 27 de setembro de 2016. Esa era a convocatoria para o persoal de corpos xerais; o máis abundante na Xunta das algo máis de 8.000 funcionarias e funcionarios da Administración xeral.

Peor o teñen o persoal laboral ou o resto de persoal funcionario de corpos especiais ou escalas, onde temos as últimas convocatorias dende o ano 2012 para atrás. Igual que no caso anterior, dende...


Mércores, 15 Mai 2019

Negociación das condicións de traballo do persoal técnico forestal

O 3 de maio de 2018, as catro organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral (CIG, CCOO, CSIF e UGT) presentamos conxuntamente ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural unha solicitude para abrir a mesa de negociación para a actualización do acordo de condicións de traballo do persoal técnico da Consellería do Medio Rural vinculado á prevención e á extinción de incendios.

O cadro deste persoal data do ano 1999, cando non existía a Lei de incendios de Galiza, a...


Luns, 13 Mai 2019

Para cando os segundos exames da promoción interna?

A CIG trasladoulle a pregunta ao director xeral de Función Pública.

Miles de funcionarios/as que concorren á promoción interna non saben a día de hoxe cando se celebrarán os segundos exercicios deses procesos selectivos. Nen sequera unha data aproximada.

Tendo en conta que agora comeza un período vacacional, e co fin de conciliar a vida laboral e familiar, saber si se celebrarán as probas no verán, antes ou despois, parece de sentido común, e non parece correcto que, a diferenza doutras...


Sábado, 11 Mai 2019

Cada vez menos persoal quere traballar en Política Social polas precarias condicións laborais

A CIG quere denunciar a situación que están a sufrir os/as traballadores/as da Consellería de Política Social na Xunta de Galiza, situación que incide directamente no deterioro evidente dos servizo públicos de benestar.

Dende o ano 2012, a Xunta de Galiza do Partido Popular de Feijoo o único ao que se adicou, con respecto ao persoal ao seu servizo, foi a eliminación dos dereitos de traballadoras e traballadores.

Esta situación, que se resume na eliminación de cuestións básicas para o...


Mércores, 24 Abril 2019

SEPGA: tranquilícense señores/as da casta

En canto a CIG deu conta de que parte dos candidatos do SEPGA están no lado escuro da forza e se sentan nas negociacións, non como representantes do persoal funcionario senón da empresa, sáltalles o chip, cortocircuítan, e comezan a falar de extorsión, de subvencións, de horas sindicais. Este discurso xa o coñecemos porque foi sempre o que utilizou a empresa.

Intentan facernos crer que nós os acusamos de que eles van negociar asuntos so subgrupo A1 sendo delegados de dito subgrupo. Pois...


Mércores, 24 Abril 2019

A prevención de incendios "todo fume": as 549 prazas serán para a extinción

Despois de máis de 7 anos sen actualizar a estrutura da consellería e adaptala as propias leis que o goberno do Partido Popular aprobou nestes anos, a Consellería do Medio Rural manifesta que foi un “erro” a dotación orzamentaria para todo o ano das 549 prazas de persoal bombeiro forestal. Con esa palabra despachouse a Administración ao inicio da negociación, ademais de declarar na mesa de negociación que as oficinas agrarias non eran motivo de negociación nestes intres.

A Consellería de...


Luns, 22 Abril 2019

Creación de 549 prazas de bombeiros no SPDCIF

A CIG valora positivamente a proposta presentada polo conselleiro de Medio Rural para a creación de 549 postos de traballo para todo o ano de bombeiros forestais a través da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Consellería do Medio Rural que se vai a negociar a semana do 22 de abril, dentro do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. As prazas previstas achéganse á proposta presentada pola CIG perante o Parlamento de Galiza para a duplicación de brigadas de...


Luns, 22 Abril 2019

EVO: a indolencia da Xunta fronte á necesidade social

A contratación de novos equipos de valoración da discapacidade hai meses, como medida paliativa para sacar adiante expedientes e minimizar así o tempo de agarda por valoración, foi unha montaxe da Xunta pra sacarse de enriba aos medios de comunicación que lles podían facer dano diante de calquera proceso electoral. Logo diso volvemos á mesma desatención e a xerar distanciamento coa sociedade, coma consecuencia do desmantelamento deses equipos que tampouco eran un luxo asiático, e volvemos a...


Martes, 16 Abril 2019

SEPGA, o sindicato bipolar

A irrupción do sindicato SEPGA nas recentes eleccións sindicais do persoal funcionario foi unha sorpresa. Nunca antes se mirara votar a tanto subdirector/a xeral, secretario/a territorial, xefe/a territorial, xefe/a de servizo.. Houbo ata quen, pola falta de costume a votar, andaba un pouco perdido.

Consecuencia do resultado, vamos ter unha curiosa representación sindical dos funcionarios e funcionarias, nalgúns casos bipolar. Vai un exemplo:

Fai tan só dous meses, o 18 de febreiro,...


Na xuntanza do día 1 de marzo, Educación segue nas súas trece sen apenas movementos. O destacable é que conseguimos que non amorticen 8 prazas ocupadas por persoal interino en centros de ensino:

  • Dúas delas quedan consolidadas, a do CPI de Catoira porque as necesidades dun centro con catro edificios fai que sexa necesario o posto de subalterno, e a do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, porque en vez de amortizar o posto inicial amortizan o outro posto dunha persoa que se vai xubilar.
  • En relación ás outra 6 prazas non se van amortizar nesta RPT quedando pendentes de como evolúe a situación e se plantexaran se non hai cambios amortizalas na seguinte RPT.

Creanse dous postos novos, no CEIP Castrillón de Coiro (Cangas) e no CEIP Humberto Juanes de Nigrán, que inicialmente ía cubrirse trasladando o posto dende o IES Escolas Proval.

Polo demais só admiten os cambios voluntarios dentro da mesma localidade, como por exemplo que a praza do IES R.O do Uruguai de Vigo pase para o CEIP García Barbón, en vez de para o de Frián-Teis.

Seguen sen admitir un plan plurianual para a creación de postos de Administración Xeral en todos os centros docentes e tampouco admiten que sexan todas de nova creación en vez de realizar traslados. Plantexamos tamén que a problemática dos centros excede dunha simple RPT e que hai que abordar a cuestión das funcións, cousa que Educación non quere. O mesmo sucede coa revisión de ratios e criterios para a dotación de persoal dos centros.

En definitiva que a pesares de haber algún avance positivo, Educación segue enquistada no inmobilismo.