Ourense

Oferta de Emprego para contratación temporal de persoal laboral no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) de Ourense.

Postos a cubrir:

A CIG-Autonómica de Ourense anuncia que vai recorrer a decisión por improcedente

A Xunta de Galiza vén de despedir a unha traballadora do servizo de limpeza da Consellaría de Presidencia en Ourense por ausentarse do seu traballo para levar a urxencias a súa filla enferma. Dende a CIG-Autonómica denunciaron uns feitos “inauditos” que vulneran os dereitos dos traballadores/as recollidos no Estatuto do empregado público, na Lei da Función Pública e no convenio colectivo de aplicación. Así mesmo, xa adiantaron que recorrerán a decisión por considerala improcedente.

Conferencia de Prensa nos locais da CIG de OurenseO pasado 23 de xuño a Xunta de Galiza comunicaba o despedimento á traballadora María Paio alegando que “non superara o período de proba”. Non obstante, a comunicación viña logo de que a traballadora se vise na obriga de ausentarse do seu posto para acudir á urxencias coa súa filla de 18 meses, ausencias comunicadas e debidamente xustificadas, segundo consta no propio expediente da administración.

“A proba que non superou é que non podes ir coa túa filla a urxencias”, criticou o responsábel da CIG-Autonómica en Ourense, Alfonso Diz, quen compareceu en rolda de prensa para denunciar publicamente estes feitos. Diz, que estivo acompañado pola traballadora despedida, o secretario do Comité Intercentros da Xunta, Xosé Lois Veloso, e o responsábel da sección sindical da central de laborais, Alfonso Diéguez, explicou que “é a primeira vez que nos atopamos cun grao tan elevado de represión dos dereitos dos traballadores e traballadoras”.

O pasado venres houbo unha rolda de prensa sobre as intoxicacións produciidas na Consellaría de Cultura polo uso de praguicidas e insecticidas en diversas instalacións dependentes desta Consellaría.

Hoxe mércores, día 25 de Marzo, celebráronse as votacións das eleccións sindicais na Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, sito no Parque Tecnolóxico no Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense). Iste fundación pertente á Conselleria do Medio Rural. A CIG foi a única central sindical que chegou a presentar candidatura. Os resultados foron os seguintes:

Colexio: Técnicos e administrativos.

Censo electoral: 21 traballadores. (1 delegado/a).

Votos emitidos: 16.

Votos candidatura CIG: 13.

Blancos: 3.

Nulos: 0.

Resultado: O delegado que se elixía foi para a CIG.

 

 

XORNADAS TÉCNICAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS EN OURENSE

Duración 10 horas: Repartidas en  dúas tardes de 17 a 21 horas
Sen limite de prazas
Prazo máximo para inscribirse ata 8 días antes do seu comezo.

Nestes tempos convulsos e estreñidos no presente  e  cheos de nubarróns  no futuro, senta coma unha labazada  en toda a cara  o desparrame de recursos  por  parte de calquera  , e non  digamos se tal cousa   ten que ver cas institucións públicas , por unha banda  as primeiras obrigadas a dar exemplo , se non fora  pouco,  por mandato legal  que impón facer un uso adecuado  da carteiriña de todos  que tanto custa encher , tamén  entón, por imperativos  políticos , e estéticos , aquelo de que a muller do Cesar non só ten que ser decente , senón tamén parecelo .

Calendairo das probas físicas e de agudeza visual na provincia de Ourense para o persoal das listas de contratación ao abeiro do decreto de listas 37/2006 (SPDCIF e persoal do Pladiga).

 

  • Día 30 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras A - B - C.
  • Día 31 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras D - E - F - G.
  • Día 1 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras H - I - J - L - M - N - O.
  • Día 2 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras P - Q - R.
  • Día 3 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras S - T - V - Y - Z. 
  • Lugar: Pavillón de Oira.
  • Hora: 08:30.

 

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba, provistos do DNI, dun certificado médico oficial en vigor que acredite a idoneidade para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais, e do xustificante de terse inscrito nas listas (só para aqueles que non aparezcan nas listas e que obrigatoriamente teñan que realizar dita proba)

COBERTURA DE 1 PRAZA MEDIANTE ADSCRICIÓN TEMPORAL NO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF) DE OURENSE.

  • Distrito forestal:  XII. Miño – Arnoia.
  • Código posto:  MR.C99.50.122.32430.048.
  • Denominación:  Peón SPDCIF.
  • Centro directivo:  Comarca forestal Allariz – Maceda.
  • Situación:  Vacante.

 

Presentación solicitudes: A secretaria provincial da Conselleria do Medio Rural de Ourense, deberá ter constancia das solicitudes presentadas como máximo ás 14:00 horas do Venres, 27 Marzo de 2009.

As votacións nas eleccións sindicais na empresa pública Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA) na provincia de Ourense celebráronse o día 27 de Febreiro de 2009. Os resultados foron os seguintes:

 

Colexio de Técnicos:
 Colexio de Especialistas:
 2 delegados/as   (Censo: 29) 7 delegados/as  (Censo: 80)
CIG 7 votos
 CIG 40 votos (4 delegados/as)
 UGT10 votos (1 delegado/a)   
 CCOO 10 votos (1 delegado/a) CCOO 32 votos (3 delegados/as)
 Branco1 voto
Branco
0 votos
 Nulo0 votos
Nulo
3 votos

 

Composición do comité de empresa (9 delegados/as).

  • CIG:        4 delegados/as.
  • CCOO:   4 delegados/as.
  • UGT:       1 delegado/a.