Ourense

Os desagravios aos que somete a provincia de Ourense o Delegado Territorial da Xunta de Galiza, Rogelio Martínez, parecen non ter fin.

Na xuntanza celebrada onte entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as catro organizacións sindicais máis representativas (C.I.G., CC.OO., UGT, CSI-CSIF) confirmouse o que xa era evidente, o incumprimento do acordo co anterior goberno: a dotación de persoal nos centros de servizos sociais da Xunta. O incumprimento dos acordos é a tónica habitual deste goberno, e dende a C.I.G. preguntámonos cal vai a ser o destino deses cartos que se ian investir en melloras aos servizos socias do País.

As actitudes de vulneración dos dereitos dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza en Ourense por parte de quen ocupa o sillón de Delegado Territorial, Rogelio Martínez e de quen realmente exerce dende a sombra, José Selas son cada vez máis descaradas e evidentes.

Dende a CIG denunciamos que a adopción de instruccións sobre o descanso diario, vacacións e permisos por asuntos propios vulnera gravemente a legalidade vixente.

Xa está dipoñible para a descarga o Boletín do mes de marzo do 2010 da comarca de Ourense.

Contén artigos sobre o bloqueo do concurso de persoal laboral por parte de CCOO , resumo da Xunta de Persoal de Ourense, Novas da Consellaría de Educación, Novas da Consellaría de Traballo e Benestar, Retribucións, Rosa Díez e o concepto de galego, Breves e Novas, Votación do Plus dos Altos Cargos, Xubilación e artigo sobre o 10 de marzo e as mobilización da CIG.

Podedes obtelo aquí

CURSOS NA CIG - ADMÓN. PÚBLICA DE OURENSE.

Comarca:  Ourense

Dende a CIG-Autonómica estamos estupefactos coa manipuladora e capciosa contestación de Rogelio Martínez ao comunicado da CIG no que denunciabamos ás ilegalidades que está a cometer co traslado de traballadores do Carballiño a Cabeza de Vaca. Na súa contestación fala de que se trata “dun tema persoal” dende a CIG parécenos lamentable que teña que recurrir a este tipo de argumentos cando sabe perfectamente que o mundo non empeza e remata no seu embigo e cando sabe perfectamente que a nosa postura ven determinada polas políticas de imposición que está a seguir o Partido Popular nesta cuestión. O que pasa é que non ten argumentos para soster a súa postura e o quere levar a un tema persoal no que nunca estivo nin estará.

A Inspección de Traballo vén de efectuar un requirimento á Consellaría de Medio Rural en Ourense, polos incumprimentos en materia de prevención de riscos. A actuación inspectora produciuse logo dunha denuncia presentada pola CIG ante a actitude da consellaría, que ignorou as peticións e propostas da central sindical para que se cumprise a normativa.

Rogelio MartínezNestes últimos días a Xunta de Galiza ven de comunicar ás/aos traballadoras/es da Residencia do Maior do Carballiño o seu traslado forzoso á Residencia de Cabeza de Vaca de Ourense nunha decisión unilateral por parte da Administración que vulnera o establecido no V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza.
A CIG-Autonómica xa propuxera que o traslado da residencia do Carballiño se fixera habilitando una ala na Residencia do Tempo Libre da mesma localidade e isto non era unha decisión caprichosa senón respectuosa primeiro coa lexislación vixente xa que evita problemas ás/aos traballadoras/es e despois, a máis importante, evita a situación de desarraigo das e dos residentes que agora mesmo están na residencia do Carballiño.

Esta xuntanza (13/11/09)  celebrouse como consecuencia da petición por parte do Comité de Empresa do persoal laboral de Medio Rural de Ourense. Pasouse a debater sobor dos asuntos tratados na derradeira xuntanza do Comité de Empresa celebrada en data 28 de Outubro de 2009. Estes puntos foron os seguintes:

O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra a Xefatura Territorial en Ourense da Consellaría do Medio Rural por non ter realizada a avaliación de riscos dos postos de traballo adscritos a cinco distritos forestais e ambientais, no referido ás funcións e cometidos profesionais que realizan fóra das oficinas, e nos que se ocupa a uns 160 traballadores/as.

Cando dende a CIG-Autonómica pensábamos que estaban desterradas as vellas prácticas de nepotismo e de utilización do poder en beneficio propio ou para facer favores a amigos/as e demais familiares cercanos, atopámonos con que coa nova Xunta de Galiza e o Goberno de Feijoo estas prácticas continúan con máis forza que nunca. Ao entrar este novo Goberno todos escoitamos comentarios nos centros de traballo do tipo “eu son amigo de Rogelio” ou “eu son prima de Feijoo” e vanme dar un posto rapidamente.