Ourense

No DOG do luns 04/03/2019 publican as ordes de convocatoria dos seguintes procesos selectivos:

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de saúde laboral, subgrupo A2, do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

- Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala superior de saúde laboral, subgrupo A1, do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para presentar a solicitude é de 20 días hábiles. A forma de acceso é mediante concurso-oposición.

 

Recibimos convocatoria e documentación para a vindeira Comisión de Persoal, que vai ser o mércores 6 de marzo. Os asuntos da Orde do día son:

  • Proposta de orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno. Descargar.
  • Proposta de orde pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do Grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo. Descargar.
  • Proxecto de decreto polo que se aproba o procedemento de mobilidade do persoal funcionario de carreira da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (Decreto de provisión). Descargar.

Enviou a Dirección Xeral de Función Pública unha proposta de equivalencias entre as categorías profesionais do persoal laboral e as escalas nas que procedería a súa funcionarización.

Temos prazo ata o venres 8 de marzo para presentar alegacións. Podes contactar coa CIG para aportar o que consideres.

Recibimos proposta de RPT do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Temos ata o venres 15 de marzo para presentar alegacións, polo que se queres aportar algo contacta coa CIG uns días antes.

A documentación que envían é incompleta, pois consta unicamente dun anexo sen memoria funcional explicativa.

Recibimos o borrador do Fondo de Acción Social do ano 2018, e como no ano anterior, inclúe unicamente a axuda para a atención de persoas con discapacidade. 

O Fondo de Acción Social foi unha das cousas que o goberno de Feijoo recortou coa  Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Pasaron os anos, pero os recortes temporais continúan.

Onde está a recuperación do FAS no Acordo de concertación que asinaron Feijoo, CCOO e UGT? A CIG non renuncia a recuperar os dereitos roubados.

As alegacións da CIG (prazo ata o venres 8 de marzo), están claras: para comezar a falar, recuperar todas as medidas e importes do FAS anterior aos recortes.

Resumo da xuntanza celebrada o día 27 de febreiro na AGASP na que se fai a proposta para axentes medioambientais para o 2019 no marco dos compromisos acadados no Acordo de condicións de traballo asinado logo da folga de axentes do 2018, convocada pola CIG e UGT.

A esta xuntanza asistiron representantes da consellería de Medio Rural e das consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e delegados de todas as organización sindicais, coa ausencia da CSIF.

Por parte da dirección ISSGA indícase que os aspectos a tratar na xuntanza son "técnicos" e sobre escalas que se crean por primeira vez, polo que pode haber alguén que desde fóra non o comprenda. Non van tratar cuestións que sexan de FP, e xeneralistas, porque na xuntanza o ISSGA non está en disposición de arranxalo. Salienta, ademais, que o ISSGA traballou moito para que esta RPT non supuxera ningún prexuízo para ninguén, debido á grande cantidade de persoal interino de longa duración, ou incluso persoal interino de curta duración, que teñen nos diferentes postos no ISSGA, polo que indica que non lles foi fácil facer ese encaixe.

No 2013 indica a dirección do ISSGA que houbo a mala sorte de que apareceron as normas novas e que se produciron moitas xubilacións nese momento, e coincidiron con prazas que estaban vacantes de longa duración, algunhas porque era moi difícil cubrilas, como foi o caso de medicina do traballo e de enfermaría do traballo porque, segundo indica, son profesións cualificadas como de difícil cobertura. As normas que apareceron en 2013 supuxeron que estas prazas se non estaban cubertas durante un determinado tempo se amortizaban.

A dirección do ISSGA indica, asimesmo, que nas páxs. 6 e 7 da memoria económica están as prazas que estaban sen dotar. Hai prazas que o que se fixo foi falar con FP para harmonizar os centros ou crear unidades novas que se precisaban, ou que necesitaban unha praza nalgures e que se amortizaba noutro... Para compensar todo iso o que se fixo con FP foi ver todas esas amortizacións en diñeiro e que os deixaran "xogar" para facer unha RPT o máis coherente posible, e non porque se amortice unha praza de formación teñen que quitar todas as de formación..., ou creáronse as de ergnonomía nos centros grandes, porque era absolutamente necesario. Insisten en que houbo un esforzo moi grande, unha compatibilización moi grande coas persoas que están dentro.

O persoal que por antigüidade accedería ao sistema extraordinario de carreira profesional pero non cumpre o requisito de ter 40 horas de formación, está a recibir aviso das xefaturas territoriais para que aporten a documentación que poida emendar a súa exclusión do acceso ao grao I anticipado.

Temos información de que só en Educación estarían excluídas 73 persoas en Pontevedra e 115 en Coruña. Pero sen poder contabilizalo sabemos de moitos casos en todas as consellarías e ámbitos territoriais.

Non fai tantos anos que non existía a teleformación, ou que os exames e asistencia as clases eran case sempre en Compostela, tempos en que o director ou directora dun centro non autorizaba a asistencia a cursos especialmente se falamos de centros con pouco persoal como os de ensino. Ou simplemente non existía incentivo por falta de expectativa de promoción (moi evidente nalgunhas localidades e nalgúns corpos/escalas).

O martes 26 tivo lugar unha Comisión de Persoal na que se aprobaron as convocatorias de varios procesos selectivos, a modificación da RPT do ISSGA e a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Tamén houbo información interesante en rogos e preguntas

MODIFICACIÓN DA RPT DO ISSGA

A pesares das dúbidas legais expostas pola CIG, a Administración non fixo ningún cambio. Descargar. A RPT foi aprobada co voto en contra de CIG e CCOO, e a abstención de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO C2-AUX.SPDCIF

A petición da CIG o DXFP aclara que non se pode participar simultaneamente na quenda de acceso libre e na de promoción interna. Tamén aclara que o tempo traballado na categoría 14 A Bombeiro/a forestal condutor/a computará para a especialidade de Bombeiro/a forestal. O mesmo coa experiencia profesional de emisoristas e vixiantes fixos que computarán para a especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a. Preguntado pola categoría de vixilante móbil que non ten correspondencia en ningunha escala, o DXFP di que proximamente traerán unha proposta. Retiran a valoración por puntos da proba física, retomando o de apto/non apto. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG, voto a favor de CCOO e UGT, e voto en contra do CSIF.

Recibimos convocatoria e documentación para unha Mesa Xeral de Negociación que será o venres 1/3/2019, na que se van tratar as convocatorias dos seguintes procesos selectivos: