Ourense

A EGAP convocou o programa de autoformación correspondente ao ano 2019, dirixido a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma.

Os contidos dos cursos estarán dispoñíbeis dende o 19 de febreiro ata o 20 de decembro. A matrícula estará dispoñíbel ata o día 18 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información: DOG do 18/02/2019

A CIG Presentou unha reclamación e o xoves 28  ás 13:00 horas está prevista unha arbitraxe.

Ourense, 27 de febreiro de 2019.- A CIG-Autonómica de Ourense defenderemos, no acto de arbitraxe previsto para o vindeiro xoves, día 28 de febreiro, ás 13:00 horas en Ourense, o dereito a voto das/os preto de 400 funcionarias/os que non poderán participar no proceso de eleccións sindicais ao non habilitarse nin mesas itinerantes, nin mesas nas súas localidades, nin facilitarse o seu desprazamento a Ourense.

Así impugnamos e reclamamos un procedemento arbitral no que solicitamos o amparo pola fraude electoral argallada entre CSIF, CCOO, UGT e a Xunta de Galiza.

Semana completa a do 18 a 22 de febreiro, con xuntanzas coa Administración todos os días. Tratáronse modificacións de tres RPTs, convocatorias de seis procesos selectivos, o réxime de prestación do persoal veterinario da consellería do Mar, comisión de seguimento do consorcio, procedemento da formación en igualdade e violencia de xénero, importe de niveis de complemento específico e plan de formación do SPDCIF.

A estratexia da Administración está clara: pasar de períodos de nula actividade a outros de sobreexcitación de xeito que aos sindicatos nos resulte imposíbel procesar e difundir a información.

PROCESOS SELECTIVOS

Tratamos as bases das convocatorias seguintes: auxiliar de clínica, auxiliar de SPDCIF, A1 e A2 de saúde laboral, A1 e A2 de seguridade e saúde no traballo.

Informa o director xeral de Función Pública: 

- RPT: antes de 15 días enviarán ás OOSS a proposta de RPT na que se contemplarán 1734 prazas. Provisión das prazas de dirección nas E.I e CAPMD cun sistema parecido ao da consellería de educación (¿?). Todos os postos serán a xornada completa. Incluirán postos itinerantes que serán a tempo completo nun centro e/ou tempo dividido entre varios centros (negociarán limites xeográficos e o seu alcance). Os postos en RPT sairán como persoal laboral, e despois serán convertidos a postos de funcionarios/as conforme aos procesos selectivos. Informa de que están valorando como encaixar na RPT, aqueles postos cubertos por persoal de apoio sen a titulación requirida para o mesmo.

- Listaxes de contratación: o mes de marzo abriranse as listaxes da Xunta para anotarse nas categorías de PSX e xerocultoras/es; o resto de categorías irán progresivamente, dependendo dos medios técnicos e humanos dos que dispoñan (problemas cos avisos por sms). Valorarase o tempo traballado no consorcio igual que na Xunta.

Por acordo de CSI-F, CCOO e UGT, non haberá mesas fixas no Barco e en Verín nin itinerantes que pasen polo resto de centros.

Así, para exercer o teu dereito ao voto o día 11 de abril, terás que acudir a cidade de Ourense.

A xunta está obrigada a proporcionarche medio de transporte adecuado en horario laboral, dentro do horario de votación (de 9 a 14:30 horas).

No caso de que o horario de votación non coincida coa túa xornada laboral, terán que facer unha compensación horaria.

Tras o aviso de persoal dun centro de traballo, delegados da CIG comprobamos que nas caixas de urxencia falta material ou está caducado.

O Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo obriga a revisión periódica e reposición do material de primeiros auxilios tan pronto como caduque ou sexa empregado.

No DOG do 20/02/2019 publican as resolucións polas que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos seguintes procesos selectivos para o ingreso en diferentes corpos xerais, de acceso libre e de promoción interna:

Acceso libre

Promoción interna

A Consellaría de Sanidade da Xunta organizou unha xornada na Coruña o día 14 de febreiro coa finalidade de promocionar a dous dos candidatos do PP a alcaldías de grandes cidades: Beatriz Mato, antiga conselleira de Política Social e candidata do Partido Popular á alcaldía da Coruña e Jesús Vázquez, antigo conselleiro de “Cultura”, actual alcalde de Ourense e candidato do PP á alcaldía desa cidade.

A organización de actos coa única finalidade de dar visibilidade aos candidatos a alcaldías feitos desde a Administración é unha vulneración de calquera tipo de ética, desde a cristiana á agnóstica. A coorganización polo Cluster da Saúde de Galicia, outro chiringuito creado polo PP e presidido por Rocío Mosquera, exconselleira de sanidade, completa coa Fundación Barrié os organizadores do evento.

Unha mostra máis de como desde o Partido Popular se utilizan as institucións co orzamento que sae do diñeiro de todas e de todos nós para intereses exclusivamente partidistas.

No DOG do martes 19/02/2019 publícase a Resolución pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de GalizaIr á Resolución do DOG.

Así mesmo publícase a Resolución pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Ir á Resolución do DOG.

As listas poderán consultarse no web da Xunta, en http://funcionpublica.xunta.gal (tamén no teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e información da Xunta).

Entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no DOG.

As persoas excluídas disporán dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no DOG para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición.

A EGAP publica no DOG do 19/02/2019 a Resolución pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público e outros colectivos.

Os cursos serán realizados mediante a modalidade de teleformación, e serán os seguintes:

  • Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga (60 horas de duración).
  • Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico (60 horas de duración).

A solicitude hai que facela do 20 ao 28 de febreiro, e será cumprimentando o formulario de matrícula telemática dispoñíbel en https://egap.xunta.gal/
matricula