Pontevedra

Este pasado martes, 20/02/2018, debateuse no Parlamento de Galiza a proposición de Lei, presentada pola organización política EN MAREA para a derrogación da Lei 1/2012, de medidas temporais do emprego público de Galiza.

Esta proposición de lei é a continuidade das accións seguidas, ano tras ano, na que nos reunimos cos partidos políticos do Parlamento, incluso co PP, para a derrogación desta Lei e a non inclusión nos orzamento anuais da suspensión do artigo 19 do Convenio Colectivo.

Informan de Función Pública que o vindeiro día 28 de febrero publicaranse en DOG as seguintes resolucións de listas de contratación temporal:

  • Actualización de méritos ano 2017.
  • Acordo das consellerías de Facenda e Medio Rural de encomenda de xestión de listas á Consellería de Medio Rural.
  • Apertura do prazo de inclusión en listas.

A CIG, xuntamente con CCOO, UXT e CSIF, presentou demanda de conflito colectivo pola modificación substancial das condicións de traballo nos centros de Cultura; conflito que afecta ao persoal laboral dos arquivos, bibliotecas e museos.

Aínda que o persoal funcionario carece deste instrumento que é o conflito colectivo, e polo tanto non podemos actuar do mesmo xeito, dende a CIG temos claro que de gañalo co persoal laboral habería que estender os efectos ao persoal funcionario.

A Xunta de Galiza ven de perder no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o recurso de apelación interposto por eles contra unha sentenza gañada pola CIG confirmando a mesma e deixando sen efectos as ordes dadas polas xefaturas territoriais referentes a elaboración de menús, recepción de mercancías e elaboración de pedidos diarios, deixando claro que serian funcións do persoal de cociña.

Segundo este Tribunal a recollida dos pedidos e subministros é unha tarefa que debe quedar reservada con carácter exclusivo ao persoal de cociña, pois con eles van elaborar os menús programados pola dirección do centro de acordo ás directrices do Consello Escolar.

Pero para as delegacións territoriais da Consellería de Educación que levan dende anos atrás enviando escritos aos centros con comedor propio esa tarefa non é dos oficiais 2º de cociña e requiren ás direccións que “...de xeito inmediato, releve á oficial 2ª de cociña do seu centro do desempeño das funcións que corresponden a outro persoal con responsabilidade na organización do comedor...” entre elas as de “Recepción e control de mercadoría”.

Pois ben, si para o TSXG é función exclusiva do persoal de cociña e para Educación non é función das/os oficiais 2º de cociña, máis claro auga: é función dos oficiais 1ª.

E por iso a CIG ven de solicitar á Consellería de Educación unha xuntanza o máis axiña posible para aclarar e proceder á reclasificación dos cociñeiros/as, posto que os traballos a realizar despois do ditaminado na sentenza do TSXG corresponderían aos de Oficial/a de 1ª cociña (grupo III, categoría 65), como recoñecen as xefaturas territoriais.

No DOG do martes 20 de febreiro de 2018 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan, as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 8.00 horas do 21 de febreiro de 2018  e ata as 23.55 horas do 2 de marzo de 2018. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O venres 16 recibimos convocatoria e documentación para unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, que vai ser o mércores 21/02/2018. Poñemos a túa disposición os novos borradores de diversos procesos selectivos. Para que queden definitivamente aprobados faltaría que o enviasen á Comisión de Persoal.

Tamén vai á Mesa Xeral unha proposta de modificación da RPT do AGADIC.

No DOG do  Venres 16 de febreiro de 2018 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan, de xeito conxunto, as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

No DOG do Mércores 14 de febreiro de 2018 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan as actividades de formación continua, correspondentes ao primeiro semestre, para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en modalidades de teleformación, presencial e mixta.

Os cursos de ofimática, idiomas, do programa de autoformación e os que correspondan ao segundo semestre do ano que aparecen reflectidos no plan de formación continua serán obxecto de convocatoria independente.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 do 15 de febreiro de 2018 e ata as 23.55 horas do 24 de febreiro de 2018. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Serán obxecto dunha convocatoria extraordinaria aqueles cursos que rexistren maior número de solicitudes. 

Segundo a información que envían dende algún dos sindicatos asinantes do Acordo de Estabilización, estes tiveron unha xuntanza con Función Pública, da que só CSIF da información, e na que se comezou a determinar que postos de traballo entran dentro dos requisitos do Acordo de Estabilización.

Dende a CIG denunciamos este tipo de reunións “segredas” e xa puxemos en mans da nosa Asesoría Xurídica esta cuestión.

Se asine ou non un acordo, o sindicato maioritario no ámbito da Función Pública galega ten que estar presente para que estas non sexan reunións ocultas e para que non se vulnere o establecido no Título III do EBEP, e VII da LEPG, así como o V Convenio Colectivo e toda a normativa laboral.

Con meses de retraso (pois estaba previsto que a negociación e convocatoria sería entre outubro e decembro do 2017), achéganos a Dirección Xeral de Función Pública os borradores dos procesos selectivos para o ingreso nos corpos:

  • Facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes. Descargar.
  • Facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal. Descargar.

Os dous procesos corresponden á Oferta de Emprego Público do 2016, con 8 prazas en cada un deles, distribuidas en 2 para promoción interna e 6 para acceso libre, das que unha delas é para persoal con minusvalía.

Temos ata o día 20 de febreiro para entregar alegacións escritas, polo que se tes algo que dicir achéganolo antes desa data. Contactar coa CIG.