Pontevedra

Accións formativas organizadas pola CIG-Admón. Pública na comarca de Vigo:

 

Acción formativa
HorasAlum.
Datas desenvolvemento
Lugar
Discapacidade e Dependencia30
15

11/05/09 a 29/05/09

De 17 a 19 horas

FORGA
Dirección de grupos e técnicas de mediación e negociación
30
15

18/05/09 a 05/06/09

De 17 a 19 horas

FORGA
Open-Office: procesador de textos
35
15

25/05/09 a 17/06/09

De 17 a 19 horas

FORGA
Procedemento administrativo
30 15

01/06/09 a 19/06/09

De 17 a 19 horas

FORGA
Protección de datos
60
15

04/05/09 a 23/06/09

De 13 a 15 horas

Edif. Admt. Xunta en Vigo
Linguaxe administrativa galega nivel medio
75
15

26/05/09 a 15/07/09

De 8 a 10 horas

Edif. Admt. Xunta en Vigo
Hixiene alimentar
30
15

01/09/09 a 21/09/09

De 18 a 20 horas

FORGA
Limpeza de edificios públicos
30
15

02/11/09 a 20/11/09

De 18 a 20 horas

FORGA
Open-Office: presentacións
35
15

07/09/09 a 30/09/09

De 18 a 20 horas

FORGA
Internet: foros e roldas de distribución. Uso e moderación30
15

01/10/09 a 22/10/09

De 17 a 19 horas

FORGA
Lei 9/2007 de subvencións de Galiza
30
15

19/10/09 a 06/11/09

De 18 a 20 horas

FORGA

 

A CIG-Administración da comarca de Pontevedra ten programados 6 cursos para este ano.

Aquelas persoas que estean interesadas en anotarse, poden facelo xa.

O Consello Confederal do 24 de novembro de 2008 convocou o V Congreso da CIG. De acordo co previsto no Regulamento Precongresual, a Secretaria Comarcal da Federación de Admón. Pública de Pontevedra convoca aos afiliados e afiliadas a:

O Consello Confederal do 24 de novembro de 2008 convocou o V Congreso da CIG. De acordo co previsto no Regulamento Precongresual, o Secretario Comarcal da Federación de Admón. Pública de Vigo convoca aos afiliados e afiliadas a:

Debate dos relatorios do congreso:

  •  15 de abril, ás 18 horas, asembleias nas unidades locais de Vigo, O Porriño e Cangas

Calquer afiliado ou afiliada que quera presentar emendas aos relatorios para a sua posterior discusión no congreso debe presentalas e defendelas acudindo á asembleia.
Nos locais do sindicato están dispoñibeis os relatorios do congreso.  Tamén os podes descargar dende o web da Confederación.

Eleición de congresistas:

  •  30 de abril, de 10 a 15 horas, eleición de congresistas

O prazo para a presentación de candidaturas remata 48 horas da asembleia.

Dende a semana pasada a CIG-Autonómica dispón dun novo local sindical no Edificio Administrativo de Pontevedra. Levamos pedindo dispor del dende decembro do pasado ano porque creemos que os delegados sindicais deben estar no centro de traballo xunto cos seus compañeiros. A Administración foi adiando este tema ata que hai unha semana nos instalamos definitivamente aquí sen apenas medios nin teléfono, pero con gañas de empezar esta nova andaina.

Calendario das probas físicas e de agudeza visual na provincia de Pontevedra.

  • Día 30 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras A - B - C.
  • Día 31 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras D - E - F - G - H - I - J
  • Día 1 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras K - L - M - N - O - P.
  • Día 2 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras Q - R -S - T - V - Y - Z.
  • Día 3 Abril: Aspirantes non presentados no seu día con XUSTIFICACIÓN

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba, provistos do DNI, dun certificado médico ofical en vigor que acredite a idoneidade para a realización de traballos de prevencion e defensa contra incendios forestais, xunto ao xustificante de estar inscrito nas listas (isto só para aquelas persoas que non aparezcan nas listas e que obrigatoriamente teñan que realizar dita proba).

A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza en Pontevedra-Vigo, xúntase en Pleno todos os segundos mercores de cada mes, alternando Vigo e Pontevedra. Unha semana antes, o primeiro mercores do mes, reúnense un representante de cada sindicato para cuestións urxentes e preparar a orde do día do Pleno da semá seguinte. Se tes algunha cuestión que che gustaría que tratásemos, podes contactar connosco enviando un correo ao enderezo autonomicavigo@cigadmon.gal

 

A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta de Galiza en Pontevedra xuntase en pleno o mercores 10 de decembro en Vigo, co seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Situación legal dos edificios admvos. de Vigo e Pontevedra.
3.- Xubilación anticipada na Xunta de Galicia.
4.- Asuntos pendentes: xuntanza con Vicepresidencia, queixas sobre mantenemento no edificio admvo. dentro dos horarios de traballo.
5.- Servizo médico no edificio admvo. de Vigo.
6.- Varios.