Pontevedra

O 24 de novembro, a Xunta de Persoal de Pontevedra xuntouse coa Secretaria Territorial de Pontevedra e Xefe Territorial de Presidencia para tratarmos asuntos relativos ao edificio administrativo de Pontevedra.

 

Trala xuntanza acordamos publicar unha nota informativa da Xunta de Persoal (como órgano colexiado, non como sindicatos). Tendo a CIG a maioría, e sendo o representante da CIG quen elaborou o borrador da nota, recibimos a sorpresa de que dous ou tres dias despois da xuntanza, o sindicato CCOO publicou unha nota pola sua conta, e facendo uso de boa parte do texto redactado polo representante da CIG.

A CIG-Autonómica convoca unha asemblea para tratar sobre a próxima apertura da Escola Infantil do Edificio Administrativo de Campolongo.

  • Día:    19 de novembro de 2009
  • Hora : 11:00
  • Lugar: Sala de Conferencias do Edificio Administrativo

Informa a CGT que se quedou soa na Xunta de Persoal da Provincia de Pontevedra do mercores 11 de novembro solicitando o cesamento dun Xefe Territorial. A este respecto a CIG manifesta que é falso, pois houbo tres propostas distintas, das que saiu adiante a da CIG, consistente en enviar un escrito a dito Xefe Territorial reprobando as suas afirmacións en base a duas ideas: a proporcionalidade e a antiguidade do escrito (mes de abril).

O Código de Hammurabi, ese do "ollo por ollo, dente por dente", tan denostado hoxe e que simboliza á unha xustiza cruel, foi sem embargo na súa época a primeira codificación progresista no mundo do dereito. Este código establecía unha relación entre o delicto e a pena. Non tiña sentido que por roubar galiñas cortáranche unha man e por matar a unha persoa tamén. Esta adecuación da pena ao delicto danos unha idea de que houbo un esforzo intelectual para comprender que debe existir unha gradación entre as accións a tomar en función dos feitos que as xeneran. Pedir, como fixo o mercores a CGT na Xunta de Persoal de Pontevedra, a dimisión dun xefe territorial por contestar que si había xente fora do seu posto era voluntariamente, é matar moscas a cañonazos. É non axustar a acción a desenvolver á magnitude do feito.

Na comarca de Vigo, dentro da programación anual de formación contínua para o persoal da Administración Pública, temos un novo curso "Dirección de grupo e técnicas de mediación e negociación", cunha duración de 30 horas e con capacidade para 15 alumnos/as, a desenvolver en quenda de tarde unha vez que se cubran as prazas. Canto antes achegar a FORGA a instancia cos datos persoais e laborais.

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde do Edificio Administrativo de Campolongo (27/10/2009)

GRIPE A

Faranse charlas informativas as 8:15  e 13:45 para dar conta das medidas a adoptar con respecto á gripe A. Tamén se instalaron no edificio dispensadores de solución hidroalcohólica.

SITUACIÓN XERAL DO EDIFICIO

Se queres participar no curso Lei de subvencións de Galiza , onde, entre outros, se tratarán os aspectos xerais da xestión orzamentaria no que ás subvencións se refire  e os seus casos especiais de pagamento a conta, tramitación anticipada e compromisos futuros..., inscríbete e achega a túa instancia ás instalacións de FORGA en Vigo. Pretendemos  que o seu inicio sexa de xeito inmediato, sendo as 30 horas de duración a desenvolver en quenda de tarde.

Da apertura da Escola Infantil. Dende maio en que solicitamos unha primeira reunión con el ata hoxe citounos dúas veces e non apareceu. Non sabemos si a Consellaría de Traballo se vai facer cargo da apertura da Escola Infantil ou vai ser a de Presidencia. Nós sospeitamos que sinxelamente NON queren poñela en funcionamento. Estase esgotando o prazo de negociar con Facenda e elaborar os anteproxectos de Orzamentos das Consellarías e non hai indicios de que vaian dotar de persoal este centro.

Xa decía don Manuel que os fillos dos do PP eran máis intelixentes e estaban máis preparados que o resto. Isto, en linguaxe neoliberal, refírese aos “máis capaces”, aqueles que valen o que producen. Está claro entón que un goberno que parte destas premisas non ten interese nos problemas dos que son alleos a esta élite. Esta forma de pensamento vese reflectida en todas as políticas do actual goberno pero toma unha extrema gravidade cando toca temas sensibles como é o tema da educación.

Despois de ter solicitado en catro ocasións unha xuntanza co delegado territorial de Pontevedra, Cores Tourís, para darlle a coñecer as demandas e a problemática dos empregados públicos da provincia, e despois de ser citados nunha ocasión e posteriormente non recibirnos, o día 24 voltouse a repetir o desaire.

A raiz da publicación na prensa dunha nova sobre a falla de dialogo social por parte do delegado, este decidíuse a recibirnos e citarnos para o día 24. A nosa sorpresa chega cando non é o delegado territorial quen nos recibe senón unha subordinada sen competencia á hora de adoptar decisións políticas ou de adquirir compromisos.

Nos cursos que começam a próxima semana em Forga Vigo (dias 9 e 10), ainda há lugares. Estes son os cursos:

  • Curso de Hixiene alimentar 30 horas, puntua em muitas categorias
  • Curso de Apresentaçoes com Open Office 30 horas  (igualzinho ao power point só que mais melhor e sem pagarmos a microsoft)