Vigo

A CIG convoca ao Persoal Laboral da Xunta de Galiza a asistir á asamblea informativa que terá lugar o vindeiro mércores, día 15 de maio, ás 10:00 horas (en quenda de mañá) ou ás 17:00 horas (en quenda de tarde), na sala de actos do Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, onde falaremos dos seguintes asuntos:

Orde do día

  • Acordo de concertación social da Xunta de Galiza
    • Carreira profesional
    • Funcionarización
    • Orzamentos-retribucións
    • Procesos selectivos: consolidación e estabilización
  • Varios

Lugar: Sala de actos do Edificio Administrativo da Xunta en Vigo
Día: Mércores 15 de maio
Hora: Ás 10:00 horas e ás 17:00 horas.

O venres 10 de maio (pasadas as 14h), recibimos o borrador do decreto de funcionarización do persoal laboral fixo. Descargar.

Temos de prazo para presentar alegacións ata o luns 20. Se queres, podes contactar coa CIG.

Para variar, CCOO e UGT tiveron o borrador nas súas mans uns cantos días antes que a CIG.

O recorte ese ano ascendeu a un total de 7.136.392€, o que supuxo a práctica liquidación deste Fondo. Desde 2011 o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial. O FAS fica reducido a unha única axuda, e este goberno non ten intención de devolvérnolo. Anuncian a publicación a finais de maio.

O xoves 09/05/2019 tivemos unha reunión os sindicatos con representación na Mesa Xeral cos representes da Xunta de Galiza por o mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), que fica relegado só a axuda para atención de persoas con discapacidade. Nesta reunión a CIG plantexou o siguinte:

A proposta de criterios de reparto do FAS 2018 presentada pola Dirección Xeral de Función Pública é a novena repetición do que foi a práctica desarticulación do FAS do ano 2011. Naquela convocatoria a Xunta golpeou ao persoal da administración autonómica co recorte de 7.136.392€, liquidando o Fondo e limitando as axudas a unha única modalidade, a de atención a persoas con discapacidade. Desde aquel ano o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial.

A CIG convoca unha asamblea de axentes ambientais para tratar diversas cuestións que consideramos que deben ser abordadas e postas en común e que afectan ao persoal funcionario destas escalas e para valorar emprender accións na defensa dos funcionarios e funcionarias do Servizo de Conservación da Natureza e na mellora das condicións de traballo, como:

  • RPT, grupo B e prazas a extinguir.
  • Análise da interpretación e aplicación do Acordo.
  • Cadrantes, vacacións e permisos e período extraordinario.

 

DÍA: Luns, 13 de maio

HORA: 18:00 horas

LUGAR: Local da CIG en San Lázaro, Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, 10
Santiago de Compostela

A CIG quere denunciar a situación que están a sufrir os/as traballadores/as da Consellería de Política Social na Xunta de Galiza, situación que incide directamente no deterioro evidente dos servizo públicos de benestar.

Dende o ano 2012, a Xunta de Galiza do Partido Popular de Feijoo o único ao que se adicou, con respecto ao persoal ao seu servizo, foi a eliminación dos dereitos de traballadoras e traballadores.

Esta situación, que se resume na eliminación de cuestións básicas para o persoal como é o librar dous días seguidos á semana, librar fins de semanas alternos, compensar con descanso o traballo en festivos e domingos, conciliar a vida laboral e familiar (por sistema a Consellería de Política Social denega todas as conciliacións que se solicitan), etc.... resúmese en que cada vez menos persoal de asistencia directa (ATS/DUE, Aux. Clínica) queira traballar na consellería e se vaian a traballar ao SERGAS, con mellores condicións, tanto económicas como laborais.

Chega o despropósito de Política Social a extremos tan grandes que o subdirector de persoal permítese o luxo de dicir: "que diferenza existe entre traballar a noite do día 31 de decembro e outro día calquera?, eu non a atopo" (sic).

No DOG do xoves, 9 de maio de 2019 publicase unha resolución da EGAP pola que se convoca o curso superior "As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica."

O obxectivo principal deste curso é abordar o estudo das citadas modificacións do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estea en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderán acceder os e as profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
Prazas: 80
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
Datas: 21 e 28 de maio; 4, 11, 18 e 25 de xuño; e 2 e 9 de xullo de 2019.
Horario: 7 sesións de 6 horas lectivas, que se impartirán en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas) e en horario de tarde (das 16.00 ás 19.00 horas), e unha sesión de 3 horas, o último día do curso, en horario de mañá (das 11.00 ás 14.00 horas).
Inscrición: desde as 8 horas do 10 de maio ata as 23 horas do 14 de maio en https://egap.xunta.gal/matricula
Prezo: o importe da matrícula é de cen euros (100 €) para as persoas destinatarias que non teñan a condición de persoal empregado público que, no caso de ser seleccionadas, recibirán as instrucións para realizar o pagamento.

 

 

 

No DOG do 6 de maio publican a Resolución do Sergas pola que se fai pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e a baremación provisional no proceso de actualización das listas de substitución de persoal funcionario de escalas sanitarias (Lei 17/1989) das seguintes clases:

  • Clase de inspector/a médico/a.
  • Clase de inspector/a farmacéutico/a.
  • Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.
  • Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: medicina e ciruxía, farmacia, ciencias químicas, ciencias biolóxicas, psicoloxía.
  • Clase de subinspector/a sanitario/a.
  • Clase de ATS/DUE.

O prazo para reclamar é de dez días hábiles contados dende o seguinte á publicación.

A Dirección Xeral de Función Pública anunciou no seu web as datas previstas para a realización dos primeiros exercicios de promoción interna do SPDCIF, correspondentes a OEP do 2016:

- BOMBEIRO/A FORESTAL CONDUTOR/A DE MOTOBOMBA (IV-033): Data prevista para o primeiro exercicio: 31/05/2019. Na EGAP.

- EMISORISTA DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (V-10C): Data prevista para o primeiro exercicio: 01/06/2019. Na Facultade de Dereito da USC.

- BOMBEIRO/A FORESTAL (V-014): Data prevista para o primeiro exercicio: 01/06/2019. Na Facultade de Dereito da USC.

- VIXILANTE FIXO/A DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (V-10B): Data prevista para o primeiro exercicio: 01/06/2019. Na Facultade de Dereito da USC.

- BOMBEIRO/A FORESTAL CONDUTOR (V-14A): Data prevista para o primeiro exercicio: 01/06/2019. Na Facultade de Dereito da USC.

No DOG do luns 29 de abril vén de publicarse a Resolución pola que se fan públicos a data, hora e lugar para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo de promoción interna ao corpo superior da Administración xeral de Galiza, subgrupo A1.

O exercicio terá lugar o día 11 de maio de 2019, ás 10:00 en chamamento único, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela)

As persoas aspirantes deberán levar DNI, lápis do número 2 e goma de borrar.

No DOG do venres 26 de abril publican as seguintes convocatorias de procesos selectivos:

No mesmo DOG publican a Resolución do Tribunal de promoción interna ao corpo de xestión-A2, pola que fixan a data e lugar de realización do primeiro exercicio: 11/05/2019, na Facultade de Dereito da USC.