Vigo

Os empregados/as da Administración galega esixen a retirada da Lei de Medidas e a dimisión dos seus promotores.

O comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra mantén dende o mediodía un peche no edificio central da Xunta de Galiza en Vigo para denunciar o progresivo desmantelamento dos servizos públicos por parte dos responsábeis autonómicos. Os empregados/as da Administración galega queren amosar deste xeito a súa oposición á política de peche de centros e despedimento de persoal que está a practicar o Goberno galego do PP co obxectivo de privatizar os servizos públicos.

Unha vez máis, os empregados e empregadas públicas de Vigo saen á rúa. Tivemos dúas concentracións, e o persoal do Edificio Administrativo decidiu achegarse á Dirección Provincial do SERGAS a xunto dos compañeiros e compañeiras que estaban alí concentrados.

Se María José Bravo, delegada territorial da Xunta en Vigo, o chega a saber antes, non acepta o posto. Seica os empregados públicos do seu territorio semos perigosos.

Afirma a delegada territorial que os que onte decidimos pasar a noite no noso centro de traballo raiamos os ascensores e empurramos aos traballadores de seguridade

Postos a dicir chorradas, podía acusarnos de ouriñar nas esquinas, de tirar papeis ao chan, de pegar chicles debaixo das cadeiras, de meternos o dedo no nariz e tirarlle un moco ao de diante. 

Señora delegada territorial, axude a reducir o gasto público dimitindo.

 

http://autonomica.cigadmon.gal

(accesíbel dende a intranet da Xunta)

Chegan os/as de Vigo

SEMOS PERIGOSOS !!

 

Se María José Bravo, delegada territorial da Xunta en Vigo, o chega a saber antes, non acepta o posto. Seica os empregados públicos do seu territorio semos perigosos.

 

Afirma a delegada territorial que os que onte decidimos pasar a noite no noso centro de traballo raiamos os ascensores e empurramos aos traballadores de seguridade.

 

Postos a dicir chorradas, podía acusarnos de ouriñar nas esquinas, de tirar papeis ao chan, de pegar chicles debaixo das cadeiras, de meternos o dedo no nariz e tirarlle un moco ao de diante.

 

Señora delegada territorial, axude a reducir o gasto público dimitindo.

O mercores 4 de maio constituiuse a nova Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra, coa seguinte composición: CIG: 10, CSIF: 6, CCOO: 4, UGT: 3 e CGT: 2.

Á sesión constitutiva asistiu a maioría (CIG: 10, CSIF: 5, CCOO: 2, UGT: 3 e CGT: 1), e resultaron elexidas as seguintes responsabilidades:

  • Presidente: Xoán Xosé González Canedo (CIG)
  • Secretaria: Marína Rey Vázquez (CIG).

 

Queda pendente a aprobación do regulamento de funcionamento para o vindeiro Pleno, que vai ser o mércores 8 de xuño. Se tes algún asunto que queiras que tratemos, vainolo chegar ao correo autonomicavigo@cigadmon.gal ou no teléfone 986817597.

Accións formativas organizadas pola CIG-Administración Pública na comarca de Vigo

Acción formativa

Horas

Alunos

Data de celebración

Linguagem administrativa Galega Superior

75

15

05/09/2011 a 31/10/2011 de 8 a 10 horas

Linguagem administrativa Galega Media

75

15

02/05/2011 a 27/06/2011 de 8 a 10 horas

Procedemento administrativo on-line

80

s.d.

05/09/11

Formacion para Xefes de Seccion

120

15

02/05/2011 a 28/06/2011 de 17 a 20 horas

Formacion para Xefes de Negociado

80

15

18/05/2011 a 22/06/2011 de 17 a 20 horas

A Sindrome de Burnout, aprender a se relaxar

20

15

05/09/2011 a 16/09/2011 de 17 a 19 horas

 

 

Despois das xestións realizadas pola CIG, ante o retraso no cobro da productividade do ano 2010 por parte dos axentes forestais e dos axentes facultativos mediomabientais adscritos á Xefatura Territorial de Medio Rural en Pontevedra, temos a confirmación de que o pago destas cantidades vaise realizar a través da nómina do mes de marzo (a cobrar a principios de abril).

Se algún compañeiro/a observa que non se realiza o pago correctamente pode poñerse en contacto con nós nos locais da CIG dos Edificios Administrativos de Vigo e Pontevedra.

CIG-Pontevedra: 986 80 55 15

CIG-Vigo: 986 81 75 97

Informámosche de que nos vindeiros días convocaremos distintas asembleias de empregados e empregadas públicos nas distintas comarcas.

  • Pontevedra: martes 25, ás 11 h, no salón do Edificio Administrativo

 

  • Vigo: xoves 27, ás 14 h, no salón do Edificio Administrativo

 

Descarga. Dispoñíbel A Xanela de Vigo-Pontevedra:

  • Concurso de traslados de corpos xerais.
  • Máis privatizacións da administración pública.
  • V Convenio Colectivo e a súa execución.
  • Escola infantil de pontevedra e o electoralismo de CCOO.

Programación 2010. Cursos da CIG Admón. Pública comarca de Vigo. Na vindeira semana abriremos o prazo de preinscripción, de xeito que as instancias hai que presentalas nas dependencias de FORGA en Vigo  ou no local sindical da CIG  do 8º andar do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo

 

A Xanela, Vigo-Pontevedra. nº 47, xaneiro 2010:

- Retribucións: a crise, que a pague o capital.

- O que defendeu a CIG para a Xunta
- Ladrar á lúa

- Oficina emprego Pontevedra

- Postos directivos, postos abertos  reacción CSIF

- Votación do Plus dos Altos Cargos

- Dependencia, cesión ilegal de traballadores e indixestión.