Vigo

Contra a privatización dos servizos públicos, contra a perda de dereitos laborais e salariais, contra a eliminación de postos de traballo e contra os despedimentos. Manifestación en Vigo, o martes 5 de marzo, ás 11 horas, dende o Edificio Administrativo ata a sede do PP.

Percorrido: Praza da Estrela, García Barbón, Colón, Canceleiro, Areal

(Corrección: a Delegada Territorial envióu un escrito aos empregados de Vigo desmentindo que se pagase co diñeiro da Xunta esa xornada de traballo que rematou ás 18 horas. Dando por certa esa información, quen pagou o espazo de traballo, o xantar, o café e os desprazamentos ás 29 persoas que asistiron e que non pagaron nada, nin o almorzo nin o xantar  (entrantes, carne, postre e viño)? Papa Noel ou o Apalpador? Inda que fose outra Administración, como a Deputación Provincial, seguiría a ser un despilfarro cando están a recortar os nosos dereitos e salarios. Supoñemos que a Delegada dará ordes de non pagar os gastos de desprazamentos a quenes xa solicitaron o seu pagamento, incluíndo algún taxi que se colleu).

O Edificio Administrativo de Vigo estivo sen xefes de servizo e outros libres designación o pasado martes 18 de decembro. Non foi unha bacteria, nin acudiron en masa a un mitin. Foi, simplemente, un ágape da gobernadora territorial de Vigo, María José Bravo Bosch quen organizou unha “xornada de traballo” con xantar incluido no castelo de Soutomaior.

O evento comezou ás 9:00, “reunión de traballo”, unha pausa ás 10:30 para tomar un café con pastas, seguido dunha achega de ideas por parte dos xefes de servizo e directores de área para preparar equipos de traballo, ás 11:00. Para rematar, xantar ás 14:00 horas, na pousada de Soutomaior ao módico prezo de 70 euros por persoa, aos que hai que engadir os gastos de quilometrase por traslados (60 kms dende Vigo).

O pasado 18 de decembro, a sección sindical da CIG de persoal funcionario na provincia de Pontevedra presentou diante da Secretaria Xeral Técnica da Consellaría de Traballo e Benestar unha petición de apertura de expediente disciplinar a un xefe de servizo da Xefatura de Traballo de Vigo por abuso de poder e obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dos dereitos sindicais, entre outras faltas.

Os feitos ocurriron cando este xefe de servizo, con chulería e prepotencia, dirixíuse a uns traballadores dunha oficina de emprego que vestían a camiseta reivindicativa "funcionarios e parados todos estafados”, mediante ameazas coma "non eres funcionario e sí interino" e "se non quitas a camiseta mañán mesmo estas na rúa", que acovardaron de tal xeito aos empregados públicos que alí mesmo retiraron as camisetas e non foron quen de promover as denuncias oportunas polos feitos.

Por ser festivo este xoves, día no que se veñen facendo os actos e concentracións reivindicativas dos empregados públicos, nas cidades de Pontevedra e Vigo organizáronse o mércores 5 distintos actos de carácter reivindicativo e solidario.

En Pontevedra houbo unha “Concentración con café” de 300 compañeiros no hall do Edificio Administrativo xunto cunha recollida de alimentos destinada a persoas con poucos recursos acordada na asemblea de empregados públicos. Recolléronse ao redor de dúas toneladas de alimentos. Entre outros: 300 paquetes de leite ou 155 botellas de aceite. A Xunta tentou boicotear o carácter reivindicativo deste acto ordenando retirar as referencias ao recorte da paga extra e ao noso compromiso solidario a pesares de sufrir os recortes.

En Vigo recolléronse uns 700 kilos de alimentos en media hora que foron entregados á ONG Vida Digna, quenes atenden a unhas 1700 persoas e un comedor cuns 500 usuarios.

Os traballadores e traballadoras da Administración da Xunta de Galiza e os da Administración Central en Vigo imos colaborar coas organizacións sociais na entrega de víveres para paliar a situación de pobreza extrema na que se atopa unha grande parte da sociedade viguesa. A recollida de víveres será o mércores, 5 de decembro, ás 11 horas, na praza da Estrela.

As empregadas e empregados públicos sufrimos nestes últimos anos uns recortes que superan o 30% das nosas retribucións, perda de dereitos sociais e laborais acadados ao longo de moitos anos de negociación. Aínda así, e antes de que sexamos nós quen teñamos que acudir aos bancos de alimentos (pois pensamos que o goberno do PP continuará cos recortes, baixadas salariais, despedimentos..), solidarizámonos con aqueles cidadáns que están a pasar fame por mor destas políticas neoliberais. O día 5/12/2012, achegaremos víveres (lentellas, arroz, garavanzos, galletas, pasta, leite, conservas, aceite, produtos navideños, etc).

A Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, quere expresar a súa solidariedade cos compañeiros Marcos Cadórniga, Carlos Alján e Carlos Búa, que van ter que ingresar en prisión por participar na folga do comercio de alimentación 2009.

Como órgano de representación dun colectivo de máis de 2.700 funcionarios e funcionarias desta provincia, enviamos un saúdo e ánimo a estes compañeiros que nunha situación de dificultade e loitando por un marco no que se regulen unhas condicións de traballo dignas para ese sector, son condeados mentres os responsabeis da crise seguen en liberdade.

Nun momento en que os empregados/as públicos/as estamos a sufrir tamén os recortes ditados polo capital financeiro e a patronal, faise necesaria máis que nunca a unión e a identidade na loita de todos os traballadores por outro modelo social, e faise máis necesario hoxe que nunca o apoio a estes compañeiros que, xenerosos, érguense na defensa dos intereses dos traballadores/as e son castigados por ese exercicio de dignidade.

POLAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS. NON Á REPRESIÓN!!

XUNTA DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALIZA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

Non é quen de asumir as súas responsabilidades como representante da Administración Autonómica da Xunta de Galiza na comarca de Vigo.

No Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Vigo estamos a vivir un incremento do número de concentracións, consecuencia dunha maior conflitividade social pola situación de crise laboral de distintos colectivos.

 

O peche de traballadores e traballadoras do edificio pola Lei de medidas no emprego público (coa conseguinte demonización) ou o peche de 20 sindicalistas do sector naval, foron unhas mínimas expresións de malestar que incitaron á delegada territorial a ordenar pechar distintas portas de acceso e saída do edificio, contrariando as recomendacións do comité de seguridade e saúde do edificio, ou a establecer que o público teña que acceder na porta principal por un carreiro como se fosen gando.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asistiu en Vigo a un acto de homenaxe a Paz Andrade. Tivo un agarimoso recibimento por parte do persoal empregado/a da administración galega. Había moita máis xente da que se ve, pois estaban acurruchados pola policía.

Os empregados/as da Administración galega esixen a retirada da Lei de Medidas e a dimisión dos seus promotores.

O comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra mantén dende o mediodía un peche no edificio central da Xunta de Galiza en Vigo para denunciar o progresivo desmantelamento dos servizos públicos por parte dos responsábeis autonómicos. Os empregados/as da Administración galega queren amosar deste xeito a súa oposición á política de peche de centros e despedimento de persoal que está a practicar o Goberno galego do PP co obxectivo de privatizar os servizos públicos.

Unha vez máis, os empregados e empregadas públicas de Vigo saen á rúa. Tivemos dúas concentracións, e o persoal do Edificio Administrativo decidiu achegarse á Dirección Provincial do SERGAS a xunto dos compañeiros e compañeiras que estaban alí concentrados.