Vigo

A CIG é a alternativa que temos o persoal funcionario para recuperar dereitos. Fronte a isto están os sindicatos que pactando malos acordos, impediron conseguir un cadro de melloras aceptable.

  • NON quixeron que as nosas retribucións subisen, polo menos, conforme ao IPC. E estableceron unha porcentaxe fixa por debaixo do IPC e outra vinculada ao crecemento do PIB, ámbalas dúas foron absorbidas no 2018 pola inflación.

 

  • NON quixeron que a xornada de 35 horas fora recoñecida por lei. Acordaron que cada Administración a fixaría a súa, e iso significa que nunha Administración "dura" como a Xunta de Galiza vai ser difícil conseguila.

 

  • NON quixeron que o número de anos para aqueles que entren nos graos extraordinarios I e II da carreira profesional fose de 4 anos como no SERGAS. Os grupos altos tardarán 7 anos en facelo e os baixos 5, polo que todos cobraremos peores importes que no SERGAS.

 

  • NON quixeron que os persoal interino entrase no sistema extraordinario de carreira profesional por moitos anos de servizos que acumulasen. O que supón unha perda de ingresos respecto ao resto de compañeiros/as.

 

  • NON quixeron que o complemento por incapacidade temporal se recuperase por lei, tal e como nos foi quitado. Ao deixalo ao albedrío dun acordo este recuperouse na Xunta seis meses máis tarde que no Estado e co condicionante de que o que se vai cobrar por IT non son as retribucións que correspondan cada mes senón as do mes anterior á baixa durante toda a IT.

 

  • NON quixeron plantarse ante o ritmo marcado por Función Pública e deron por válida a ausencia de concursos de traslados, en corpos xerais, escalas e especiais. O ritmo marcado por F.P. dende metade do 2018, abrindo continuamente novos asuntos sen pechar os anteriores, foi a desculpa para non sacar os concursos de corpos e escalas, bloqueados dende o primeiro borrador en xuño do 2017.

 

  • NON quixeron unha promoción interna mellor. Non queren que sexa masiva, nin sequera pactaron co goberno que chegase ao 50% do total da oferta pública. Tampouco quixeron acordar unha importante simplificación. No borrador da OEP de 2019, só 263 das 2.653 son para promoción interna de persoal funcionario de Administración xeral e especial.

 

Realmente, quen son os sindicatos do NON?

  • SI a recuperar dereitos
  • SI aos concursos anuais e áxiles
  • SI a unha promoción interna real
  • SI a subas salariais por riba do IPC
  • SI a unha carreira profesional inclusiva e con prazos reducidos
  • SI a unha xornada de 35 horas
  • SI a un cadro de permisos e licenzas do século XXI

O xoves 11 de abril van ser as votacións para elixir ás cinco xuntas de persoal funcionario. Coñece as candidaturas que presentamos:

 

Xunta de Persoal de Pontevedra 

 

A Xanela

 

Candidatura

 

Mesas e horarios

 

 

Xunta de Persoal de Coruña

Tríptico

Cartaz Coruña

Cartaz Ferrol

 

 

Xunta de Persoal de Ourense

 

O Boletín

 

 

Tríptico

 

 

 

Xunta de Persoal de Servizos Centrais

    
 

O boletín

 

Candidatura

   

 

 

Xunta de Persoal de Lugo 

     
 

Tríptico

  

     

 

O venres 5 de abril recibimos a documentación relativa á modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellaría de Medio Rural.

A consellaría fixou a xuntanza para tratar a dita modificación o día 23 de abril polo que podemos realizar alegacións ata esa data. Se tes algunha achega sobre esta RPT fainola chegar á CIG e levarémola á mesa.

Podes descargar toda a documentación sobre esta modificación nesta ligazón.

O servizo de persoal informa que na actualidade hai 51 postos sen cubrir (vacantes e non vacantes). Son os seguintes:

  • 19 prazas de 12 meses
  • 19 prazas de 9 meses
  • 13 prazas de 5 meses

Ademais a día de hoxe aportan o dato de 105 baixas (IT) sen cubrir, aínda que non especifican a duración das mesmas.

A cobertura das 51 prazas anteriormente citadas farase polo procedemento de adscrición temporal e superior categoría,e as prazas que queden baleiras a consecuencia do procedemento anterior cubriranse polo decreto de listas vixente.

Falta xa unha quinta parte do persoal por amortizacións ou falta de dotación orzamentaria

A CIG denuncia que a falla de dotación de persoal e medios nas oficinas agrarias e a privatizacion ou extinción das funcions que realizan os profesionais destas oficinas de atención ao cidadán, labrego/a e gandeiro/a producirán a sua desaparición en poucos anos.

A necesidade de asentar poboación no rural que dinamice un sector primario produtivo compatible co entorno e o medio, asegure a prestación de servizos na poboación e sirva como única medida sostible a curto e medio prazo contra as vagas de incendios forestais contraponse coa política da Xunta de Galiza que está a realizar un desmantelamento efectivo das oficinas agrarias comarcais, precisamente na lexislatura que Feijóo denominou do medio rural.

Así o denuncia a CIG que alerta do esmorecemento das oficinas agrarias por deixadez e retirada de funcións cara empresas como a formacion aos labregos e labregas e tramitación das axudas da PAC.

A CIG denuncia que a Administración segue sen implementar melloras na prevención e na seguridade do persoal de extinción

O xulgado do Social número 3 de Lugo vén de emitir sentenza pola que condena a Consellaría do Medio Rural pola ausencia de medidas de prevención na extinción dun incendio no Concello de Guntín no ano 2015 que lle custou a vida ao axente forestal Enrique Casanova.

O xulgado considera que a Consellaría non actuou de forma dilixente na protección da saúde deste traballador que faleceu dun infarto cando acudía ao aviso dun lume. Cómpre lembrar que os e as axentes forestais traballan en solitario o que impide, tal e como se subliña na sentenza, unha asistencia inmediata "que é vital en casos como os dun infarto". A resolución destaca tamén o feito de que Enrique Casanova xa sufrira anos atrás unha cardiopatía, polo que tiña solicitado á Administración pasar a unha segunda actividade, atendendo ás recomendacións médicas e dado o estrés e as situacións de risco ás que se ven expostos estes traballadores e traballadoras.

Segunda reunión coa consellería na que de novo achegaron a documentación con moitos erros, facemos alegacións xerais e específicas pendentes de novo texto rectificado:

1. Exemplos de erros hai moitos como nos postos creados dos 4 axentes das illas atlánticas que aparecen como subgrupo C1-C2 nas equivalencias e que na memoria pon EAF, ou tamén na xefatura de servizo de xestión económica que nas equivalencias aparece sen datos ou con datos non validos. Ademais o posto de Capataz de Establecemento que aparece nas equivalencias a súa forma de provisión CE (concurso especifico) na memoria aparece como C (concurso), ou información ao revés como no posto de Peón Forestal no Distrito Ambiental IV que aparece na memoria e que nas equivalencias aparece como Capataz de Establecemento. Todo isto demostra o grado de incompetencia que existe en quen presenta as modificacións desta RPT.

2. A CIG oponse a amortizacións de prazas para a creación de postos de estrutura, deste xeito amortízanse postos base para a creación de 2 xefaturas de servizo. Ademais amortízan 17 postos para crear 11 postos de non estrutura. Solicitamos que se nos faciliten se houbo petición de coberturas dos postos que se están a amortizar, xa que se manifestan na memoria que levan tempo sen estar ocupados.

Que está pasando nas eleccións sindicais de funcionarios? Preguntase CCOO.

Pois o que pasou é moi sinxelo: que na provincia de Pontevedra a CCOO renunciáronlle 23 candidatos/as. Segundo conta CCOO por ameazas e coaccións da CIG. Pero a explicación falla, porque calquera se dá conta que coaccionar a alguén ou ameazalo non supón ningún rédito á hora de pedirlle o voto.

Tanta renuncia é normal? Pois non. Pasou que CCOO foi enganando ao persoal xa que en vez de pedir a sinatura para ir na súa candidatura, o que lle dicía á xente era “me firmas para que me pueda presentar?”, ou “quieres firmar para avalar que nos presentemos a las elecciones?”. Só lle faltaba pedir se lles asinaban para o Domund.

Así que a candidatura de CCOO en Pontevedra estaba chea de afiliados/as e simpatizantes da CIG, comentámosllo e saltou o asunto. O cabreo foi monumental. De aí que 23 persoas renunciasen por escrito, e moitas máis quedaron sen poder facelo por enterarse fora de prazo.

Cada quen ten a liberdade de participar, ou non, nas eleccións sindicais con quen queira. Pero resultou que non, que non había consentimento.
Por se non fose abondo, as compañeiras e compañeiros que asinaron de boa fe e se sentiron enganados, ven como CCOO saca un panfleto de bochorno e ira onde di que esta xente foi ameazada e coaccionada (algo moi serio que terían que levalo ao xulgado de ser certo).

E de paso aproveitan para criticar que os delegados e delegadas da CIG imos cobrar a carreira profesional. Pois si, os delegados e delegadas da CIG que son funcionarios de carreira van cobrar o soldo base, os trienios, o complemento específico, o de destino e o complemento de carreira, que lles corresponde. E logo?

Candidaturas na provincia de Pontevedra (co número de sinaturas presentadas e as persoas coaccionadas):

 
Sindicato Persoas da candidatura presentada Coaccionados/as que renuncian
CIG 94 0
CCOO 78 23
CSIF 31 1
UGT 30 0

A CIG denuncia que TRAGSATEC, á que lle encomendou este traballo, non ten persoal cualificado e esixe a creación das prazas necesarias na Dirección Xeral.

O pasado 25 de marzo saía publicado no DOG unha nova encomenda de xestión con TRAGSATEC pola cal se externaliza parte do servizo de elaboración dos informes sobre o impacto das obras que afectan a bens do patrimonio cultural e á súa contorna de protección. A CIG denuncia esta nova externalización de emprego público e esixe á Xunta que cree as prazas necesarias neste departamento para garantir a tutela do patrimonio cultural.

A encomenda, por valor de preto de 150.000 euros, ten unha duración de catro meses e carácter retroactivo a inicios de marzo, unha artimaña coa que a Xunta pretende dar visos de legalidade ao traballo que TRAGSATEC veu desenvolvendo para a Dirección Xeral de Patrimonio entre xaneiro e marzo, logo de ter rematado a vixencia dun primeiro contrato en decembro.

Limítase a cubrir baixas mentres a Administración Xeral supera en 2.843 prazas

A Xunta de Galiza vén de anunciar unha oferta de emprego público (OEP) para 2019 que a CIG valora como insuficiente e que non mantén nin recupera emprego perdido xa que apenas cobre as baixas que se produciron o ano pasado. A falta de interese do Goberno galego en recuperar o emprego que destruíu nos últimos anos nos servizos públicos faise patente ao comparar a súa OEP coa que vén de presentar a Administración Xeral do Estado, que supera amplamente a taxa de reposición de efectivos.

Segundo os datos ofrecidos polo Goberno Estatal na AGE as baixas que se produciron no conxunto do persoal ao seu servizo ascenderon até os 8.979. En marzo de 2018 CCOO, UXT e CSIF acordaron co goberno o mantemento de taxas de reposición polo que non se pode xerar novo emprego e que a Xunta ratificou na súa lei de orzamentos. De cumprirse esta previsión, a OEP para 2019 no estado corresponderíase cunha oferta de 8.495 prazas. Porén, a Administración Xeral do Estado inclúe nela 11.338 prazas de ingreso libre e 8.350 de promoción interna, 2.359 postos a maiores das baixas.