Vigo

Recibimos proposta de RPT do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Temos ata o venres 15 de marzo para presentar alegacións, polo que se queres aportar algo contacta coa CIG uns días antes.

A documentación que envían é incompleta, pois consta unicamente dun anexo sen memoria funcional explicativa.

Recibimos o borrador do Fondo de Acción Social do ano 2018, e como no ano anterior, inclúe unicamente a axuda para a atención de persoas con discapacidade. 

O Fondo de Acción Social foi unha das cousas que o goberno de Feijoo recortou coa  Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Pasaron os anos, pero os recortes temporais continúan.

Onde está a recuperación do FAS no Acordo de concertación que asinaron Feijoo, CCOO e UGT? A CIG non renuncia a recuperar os dereitos roubados.

As alegacións da CIG (prazo ata o venres 8 de marzo), están claras: para comezar a falar, recuperar todas as medidas e importes do FAS anterior aos recortes.

Resumo da xuntanza celebrada o día 27 de febreiro na AGASP na que se fai a proposta para axentes medioambientais para o 2019 no marco dos compromisos acadados no Acordo de condicións de traballo asinado logo da folga de axentes do 2018, convocada pola CIG e UGT.

A esta xuntanza asistiron representantes da consellería de Medio Rural e das consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e delegados de todas as organización sindicais, coa ausencia da CSIF.

Por parte da dirección ISSGA indícase que os aspectos a tratar na xuntanza son "técnicos" e sobre escalas que se crean por primeira vez, polo que pode haber alguén que desde fóra non o comprenda. Non van tratar cuestións que sexan de FP, e xeneralistas, porque na xuntanza o ISSGA non está en disposición de arranxalo. Salienta, ademais, que o ISSGA traballou moito para que esta RPT non supuxera ningún prexuízo para ninguén, debido á grande cantidade de persoal interino de longa duración, ou incluso persoal interino de curta duración, que teñen nos diferentes postos no ISSGA, polo que indica que non lles foi fácil facer ese encaixe.

No 2013 indica a dirección do ISSGA que houbo a mala sorte de que apareceron as normas novas e que se produciron moitas xubilacións nese momento, e coincidiron con prazas que estaban vacantes de longa duración, algunhas porque era moi difícil cubrilas, como foi o caso de medicina do traballo e de enfermaría do traballo porque, segundo indica, son profesións cualificadas como de difícil cobertura. As normas que apareceron en 2013 supuxeron que estas prazas se non estaban cubertas durante un determinado tempo se amortizaban.

A dirección do ISSGA indica, asimesmo, que nas páxs. 6 e 7 da memoria económica están as prazas que estaban sen dotar. Hai prazas que o que se fixo foi falar con FP para harmonizar os centros ou crear unidades novas que se precisaban, ou que necesitaban unha praza nalgures e que se amortizaba noutro... Para compensar todo iso o que se fixo con FP foi ver todas esas amortizacións en diñeiro e que os deixaran "xogar" para facer unha RPT o máis coherente posible, e non porque se amortice unha praza de formación teñen que quitar todas as de formación..., ou creáronse as de ergnonomía nos centros grandes, porque era absolutamente necesario. Insisten en que houbo un esforzo moi grande, unha compatibilización moi grande coas persoas que están dentro.

O persoal que por antigüidade accedería ao sistema extraordinario de carreira profesional pero non cumpre o requisito de ter 40 horas de formación, está a recibir aviso das xefaturas territoriais para que aporten a documentación que poida emendar a súa exclusión do acceso ao grao I anticipado.

Temos información de que só en Educación estarían excluídas 73 persoas en Pontevedra e 115 en Coruña. Pero sen poder contabilizalo sabemos de moitos casos en todas as consellarías e ámbitos territoriais.

Non fai tantos anos que non existía a teleformación, ou que os exames e asistencia as clases eran case sempre en Compostela, tempos en que o director ou directora dun centro non autorizaba a asistencia a cursos especialmente se falamos de centros con pouco persoal como os de ensino. Ou simplemente non existía incentivo por falta de expectativa de promoción (moi evidente nalgunhas localidades e nalgúns corpos/escalas).

O martes 26 tivo lugar unha Comisión de Persoal na que se aprobaron as convocatorias de varios procesos selectivos, a modificación da RPT do ISSGA e a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Tamén houbo información interesante en rogos e preguntas

MODIFICACIÓN DA RPT DO ISSGA

A pesares das dúbidas legais expostas pola CIG, a Administración non fixo ningún cambio. Descargar. A RPT foi aprobada co voto en contra de CIG e CCOO, e a abstención de CSIF e UGT.

PROCESO SELECTIVO C2-AUX.SPDCIF

A petición da CIG o DXFP aclara que non se pode participar simultaneamente na quenda de acceso libre e na de promoción interna. Tamén aclara que o tempo traballado na categoría 14 A Bombeiro/a forestal condutor/a computará para a especialidade de Bombeiro/a forestal. O mesmo coa experiencia profesional de emisoristas e vixiantes fixos que computarán para a especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a. Preguntado pola categoría de vixilante móbil que non ten correspondencia en ningunha escala, o DXFP di que proximamente traerán unha proposta. Retiran a valoración por puntos da proba física, retomando o de apto/non apto. Enviarán o documento final cos cambios introducidos. Descargar versión inicial da CP.

Aprobado coa abstención de CIG, voto a favor de CCOO e UGT, e voto en contra do CSIF.

Recibimos convocatoria e documentación para unha Mesa Xeral de Negociación que será o venres 1/3/2019, na que se van tratar as convocatorias dos seguintes procesos selectivos:

A EGAP convocou o programa de autoformación correspondente ao ano 2019, dirixido a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da Comunidade Autónoma.

Os contidos dos cursos estarán dispoñíbeis dende o 19 de febreiro ata o 20 de decembro. A matrícula estará dispoñíbel ata o día 18 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información: DOG do 18/02/2019

Semana completa a do 18 a 22 de febreiro, con xuntanzas coa Administración todos os días. Tratáronse modificacións de tres RPTs, convocatorias de seis procesos selectivos, o réxime de prestación do persoal veterinario da consellería do Mar, comisión de seguimento do consorcio, procedemento da formación en igualdade e violencia de xénero, importe de niveis de complemento específico e plan de formación do SPDCIF.

A estratexia da Administración está clara: pasar de períodos de nula actividade a outros de sobreexcitación de xeito que aos sindicatos nos resulte imposíbel procesar e difundir a información.

PROCESOS SELECTIVOS

Tratamos as bases das convocatorias seguintes: auxiliar de clínica, auxiliar de SPDCIF, A1 e A2 de saúde laboral, A1 e A2 de seguridade e saúde no traballo.

Informa o director xeral de Función Pública: 

- RPT: antes de 15 días enviarán ás OOSS a proposta de RPT na que se contemplarán 1734 prazas. Provisión das prazas de dirección nas E.I e CAPMD cun sistema parecido ao da consellería de educación (¿?). Todos os postos serán a xornada completa. Incluirán postos itinerantes que serán a tempo completo nun centro e/ou tempo dividido entre varios centros (negociarán limites xeográficos e o seu alcance). Os postos en RPT sairán como persoal laboral, e despois serán convertidos a postos de funcionarios/as conforme aos procesos selectivos. Informa de que están valorando como encaixar na RPT, aqueles postos cubertos por persoal de apoio sen a titulación requirida para o mesmo.

- Listaxes de contratación: o mes de marzo abriranse as listaxes da Xunta para anotarse nas categorías de PSX e xerocultoras/es; o resto de categorías irán progresivamente, dependendo dos medios técnicos e humanos dos que dispoñan (problemas cos avisos por sms). Valorarase o tempo traballado no consorcio igual que na Xunta.