Novas por contido

Este sábado día 22 de marzo, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, da que a CIG forma parte, co apoio das Plataformas Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino NON, convoca unha grande mobilización por terra e por mar na Pobra do Caramiñal, con saída ás 12h desde a Estación de Autobuses, para rexeitar os proxectos industriais contaminantes e espoliadores que pretenden instalarse no corazón do país (Altri en Palas de Rei e a Mina de Cobre en Touro e O Pino) poñendo en perigo a forma de vida de miles de persoas e a saúde de moitísimas máis.

A Xunta de Galiza está levando a cabo a venda dos nosos recursos (a auga, a terra, o aire, as rías…) a grandes empresas que pretenden espoliar o noso país. Elas levarían grandes lucros e para nós, para o pobo galego, quedaría miseria e pobreza. A loita que vimos levando a cabo desde hai máis dun ano ten que continuar, após a publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de Altri.

Non queda outra, se estiveches en Palas, se estiveches no Obradoiro, agora toca ir á Pobra do Caramiñal. E se non estiveches anteriormente, estás a tempo de sumarte. Temos que amosarlle á Xunta de Alfonso Rueda e o PP que o pobo galego non se rende, e que non imos consentir que nos espolien e nos rouben os nosos recursos naturais e a nosa forma de vida.

Se queres sumarte e precisas transporte, lembra que desde a CIG dispoñemos de autobuses desde moitas localidades do país. Podes informarte das paradas e de todo o que precises sobre os buses chamando aos teléfonos que che indicamos aquí:

  • A CORUÑA
    Saída ás 9.30h do Campo da Leña. Información no 981 169 293

  • FERROL
    Saída ás 9h do local da CIG en Esteiro. Información no 981 35 87 50

  • COMPOSTELA
    Saída ás 10h do Estadio Verónica Boquete. Información no 627 912 542

  • LUGO
    Saída ás 9h do Edificio Sindical (Ronda da Muralla). Información no 616 950 778

  • OURENSE
    Saída ás 8h desde A Gudiña. Ourense ás 9.30h. Información no 988 23 31 34

  • PONTEVEDRA
    Saída ás 10.30h desde o Pavillón. Información no 986 852 950

  • VIGO
    Saída ás 9.15 da Ramallosa. Vigo ás 10.15h. Información no 986 827 900

 Vémonos na Pobra do Caramiñal. Altri NON! Mina de Touro tampouco!

Outras novas recentes

Martes, 06 Mai 2025

RPT´s: modificación de varios postos da RPT de Administración xeral e especial, Presidencia e Sanidade-SERGAS

Para a Comisión de Persoal do día 08/05/2025 Función Pública pretende facer unha modificación de varios postos da RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza consistente en incardinar postos existentes conforme ás escalas e especialidades dos corpos de persoal funcionario da Administración xeral e de Administración especial. Tratase dunha modificación de...
Luns, 05 Mai 2025

A Xunta non acepta a maioría das nosas alegacións para regular o acceso a postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual

Na mesa xeral do día 05/05/2025, a CIG defendeu as alegacións ao Anteproxecto de Decreto polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico. Concordamos coa necesidade de regulación que se expresa...
Venres, 09 Mai 2025

«Por unha EGAP transparente e en Galego». Mobilízate o 15 de maio diante da EGAP!

Compañeira/Compañeiro: O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela. Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos,...