Unha vez que remataron as eleccións sindicais do persoal laboral, o Comité Intercentros en xuntanza da Permanente celebrada onte nas dependencias de San Caetano acordou celebrar Pleno ordinario para a súa constitución o vindeiro 7 de febreiro.

A consitución do novo comité farase dacordo coa seguinte representación: CCOO (4 representantes), CIG (4 representantes), UGT (3 representantes), CSIF (2 representantes).