O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña organiza o luns, 16 de abril, ás 12 horas, diante da Xefatura Territorial da consellaría -mercado de Elviña- unha concentración acompañados de todas as traballadoras e traballadores que queiran acudir, onde Xurxo Souto -músico e escritor- lerá un manifesto en defensa do futuro para os centros públicos de Traballo e Benestar. Descarga folla de recollida de sinaturas.

FUTURO PARA OS CENTROS DE TRABALLO E BENESTAR

Xa desde o primeiro día que a Conselleira Beatriz Mato empezou a exercer, iniciou o desmantelamento dos Centros de Traballo e Benestar e iniciouno da maneira máis sinxela: destruír postos de traballo públicos de Centros da Consellería, e subvencionar fortemente determinados Centros Privados. Tratábase de deteriorar os Servizos Sociais Públicos a costa de favorecer a súa privatización.

Neste senso, a Lei de Medidas contra @s Empregad@s Públicos que acaba de aprobar a Xunta de Galicia é unha Lei que está especialmente feita contra as traballadoras e traballadores de Traballo e Benestar. É unha Lei que quérese utilizar para seguir desmantelando os Servizos Públicos e para iso elimínanse as Compensacións horarias por traballar en domingos e festivos; para iso penalizan economicamente a enfermidade. Eliminando as Compensacións horarias, obrigan a que os traballadores fagamos máis horas efectivas de traballo. Penalizando economicamente a enfermidade, forzan o ir a traballar.

En ámbolos dous casos a Consellería gana tempos de traballo nos Centros polo que dentro de pouco teremos á Consellería dicindo que lle sobran equis traballadores, sendo o persoal interino o primeiro grupo en perigo.

Diante desta absurda situación, na cal un Organismo Público atenta contra si mesmo ata chegar a pechar o Centro de Menores “Soutomaior” de Ferrol , o Centro de Menores “Montealegre” de Ourense, o servizo de Cociña do Centro de Menores “San Xosé de Calasanz” , o Comité de Traballo e Benestar de A Coruña manifestámonos totalmente en contra dunha Lei de Medidas que non só vai contra @s Empregad@s Públicos, senón contra os Servizos Sociais Públicos.

E para deixar pública constancia disto, o Comité convoca unha CONCENTRACIÓN o luns 16 ás 12 horas diante da Xefatura Territorial -Mercado de Elviña- para que quede clara a protesta máis absoluta duns traballadores aos cales non só estásenos quitando dereitos, senón que está repercutindo nas persoas que hai que atender, que pouco impórtalle á Conselleira.

A paradoxa máis brutal é que sexa a Consellería de Traballo e Benestar a que acaba de decidir destruir outros 70 postos de traballo que a Consellería enviará ao paro.

Esta destrución de postos de traballo conleva unha maior sobrecarga dos traballadores que continúan traballando, o que a súa vez tamén conleva un deterioro do grado de calidade que deben recibir as persoas atendidas.

A todo isto o Comité de Traballo e Benestar de A Coruña dí NON!!!!

A todo isto o Comité de Traballo e Benestar de A Coruña dí: FUTURO PARA OS CENTROS DE TRABALLO E BENESTAR!!!