O persoal do Servizo de Protección e Defensa contra os Incendios Forestais decidiu en asemblea comezar coas mobilizacións en defensa deste servizo público. Esta convocada unha CONCENTRACIÓN diante da Conselleria do Medio Rural e Mar para o Xoves, 5 de Xullo a partires das 11:00 horas.

DEFENDAMOS OS POSTOS DE TRABALLO PÚBLICOS
DEFENDE O SERVICIO PÚBLICO ÚNICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

As principais reivindicacións son: a defensa do PLADIGA 2012, a realización de contratacións de reforzo 100% polas listas oficiais do decreto 37/2006, a defensa das condicións de traballo do persoal, a oposición ás contratacións a través de empresas privadas e chiringuitos e contra a irresponsable reducción do dispositivo.