A Consellaría de Economía e Industrai publicou o 18 de xullo no Diario da Unión Europea un anuncio de licitación polo procedemento aberto para pagar unha campaña publicitaria. O orzamento de licitación ascende a 826.271,19 € IVE excluído.

Cos 65.000 millóns de euros de recortes que afectan duramente á clase traballadora e a propia recuperación económica a través do consumo, resulta un insulto que as Admsinistracións sigan tirando os cartos, entre outras moitas cousas, en facer campañas de publicidade. Mentres rebaixan os salarios, as prestacións por desemprego, as pensións e suben os impostos porque o "desequilibrio económico é insostíbel", seguen a gastar cartos en campañas de autobombo para vender fume. En lugar de facer, vendese o que nin sequera se fai.

A campaña en concreto, realacionada coa innovación e o emprendemento ten o rimbombante título de "Galicia competitiva: a innovación, o emprendimiento e a internacionalización como eixos chave para o crecemento economico e do emprego en Galicia". Iso sí, co orzamento destinado ao I+D+I polo chan e con estas medidas queda claro que a innovación para a Xunta reducese en aproveitarse o suficiente do empobrecemento da poboación para convertirnos en man de obra barata.

Desde a CIG-Autonómica non nos cansamos de denunciar o que consideramos unha dilapidación máis dos cartos públicos e solcitamos que se anule a dita licitación motivado na "gravidade da situación" que o propio Goberno da Xunta e de Madrid vende. Non sendo así, estamos asistindo a un acto máis de auteridade hipócrita, ao que xa nos ten acostumbrados este goberno da Xunta que refrenda que o único que se podía facer é o que fixeron primeiro coa Lei de Medidas e agora refrendando o RDL 20/2012.

Nota remitida aos medios