Na mesa xeral que tivo lugar hoxe 01/08/2012 en Compostela, a Dirección Xeral da Función Pública trasladou aos representantes das organizacións sindicais no ámbito da Xunta que está en tramite por parte do Goberno central un novo real decreto para regular o despedimento colectivo de empregados públicos nas Administracións de todo o Estado.

Por parte da Administración só houbo información verbal ao respecto, non estando dispoñible para as organizacións sindicais o texto desta norma que xa está en trámite, e que vai supoñer na práctica un auténtico golpe constitucional, abrindo a porta non só para o despedimento de persoal laboral fixo, senón tamén previsiblemente no futuro para o persoal funcionario de carreira.

Este futuro real decreto do Estado constituiría sen dúbida o ataque máis grave á liña de flotación das Administracións Públicas e á propia supervivencia do Estado de Dereito, superando con moito os prexuízos das sucesivas rebaixas salariais.

En canto haxa máis información sobre este anuncio da Dirección Xeral da Función Pública, a CIG a poñerá ao dispor de todos nesta páxina web.

Actualización 07/08/2012:  En marcha o real decreto dos despidos colectivos de empregados públicos

Máis información en prensa:

Faro de Vigo: "O Goberno ultima un decreto para despedir empregados públicos"