Durante o mes de agosto xa tivemos varias novas dalgúns concellos (como Lugo e Ourense) nos que se falaba de compensar a supresión da paga extra de Nadal. Porén, a do Goberno de Navarra é a primeira proposta por escrito dun equipo de goberno próximo ao PP e que se artella a través dun anteproxecto de lei aprobado este mércores 3 de setembro.

Segundo a nota de prensa do propio Goberno de Navarra dase a coñecer o lanzamento dun anteproxecto de lei que propón adiantar as pagas extras dos vindeiros anos ata o 2105 aos días 3 de xaneiro e 3 de xullo. Deste xeito o Goberno de Navarra declara que trata de minorar os efectos da supresión da paga extra estabelecida polo RDL 20/2012, sen incumprilo. Cómpre recordar que o texto da normativa estatal só suspende a súa percepción pero tampouco aclara con exactitude cando e como será a súa recuperación.

E que fai aquí a Xunta de Galiza?

Pois asegurar que recuperaremos a paga extra "en exercios futuros" pero sen estabelecer ningún mecanismo de compensación e nin por suposto de recuperación directa e definida da paga extra, senón apenas un compromiso político sen concreción temporal e condicionado a que mellore a situación económica. As traballadoras e traballadores públicos estámonos a preguntar por que se a situación económica da comunidade é das mellores do estado español, segundo presume o propio Feijoo, o Goberno da Xunta non intentou sequera artellar un mecanismo de compensación semellante ao de Navarra.

Haberá que ver como acaba finalmente o anteproxecto de lei no Parlamento navarro, aquí está claro que se quixer a Xunta podería telo sacado adiante sen maior problema parlamentar.

Accede á nota de prensa