A Xunta de Galiza está a poñer en risco as vidas humáns dos seus traballadores/as e ao do monte galego. O xoves, 13 de setembro, tres traballadores do SPDCIF sufriron a descarga de auga dunha aeronave nunha das zonas perimetrais do incendio forestal.

Vemos coma cada pouco tempo están a producirse accidentes laboráis no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza, e o máis preocupante para a CIG, é que a propia administración, a Xunta de Galiza, neste caso a Conselleria do Medio Rural e do Mar, non establece os criterios de seguridade que lles esixen as leis, desta maneira os traballadores e traballadoras do SPDCIF estánse a xogar as súas vidas día tras día.

Recordamos mesmo que fai dous anos un traballador do SPDCIF recibiu unha descarga de auga dunha aeronave a poucos metros do chán nun incendio forestal na comarca de Trives e dende a Conselleria do Medio Rural non se tomaron medidas preventivas para que isto non voltáse a suceder. Mesmo o traballador non recibiu chamada ningunha do piloto da aeronave interesándose pola súa saúde.

Agora atopámonos outra vez con un accidente similar, onde non se tomaron as medidas establecidas, existindo para elo un protocolo de actuación ante a intervención dunha aeronave nun incendio forestal, para o cál deberáse avisar ao persoal de terra da presencia da aeronave, feito iste recollido no citado protocolo, incumprimento gravísimamente o establecido.

Dende a CIG preguntámonos, que ten que pasar para que a propia Xunta de Galiza tome cartas no asunto??? Debe producirse unha nova desgraza en forma de accidente mortal dun traballador para que Medio Rural e do Mar teña a ben esixir o cumprimento das medidas establecidas no protocolo de actuación das aeronaves???

A Xunta de Galiza é a máxima responsábel da implantación das medidas de seguridade para os seus traballadores e traballadoras, dacordo coas leis existentes, polo que dende a CIG, esixímolle que se deixen de mirar para outro lado e dunha vez por todas cumpra coa normativa en materia de seguridade no traballo para salvagardar as vidas dos seus empregados. Estamos vendo que para a Xunta de Galiza non é preocupante os accidentes laboráis no SPDCIF xa que somos coñecedores da falla de medidas preventivas como consecuencia dos accidentes que se están producindo no SPDCIF, un servizo público tan esencial para a superviviencia dos nosos montes.

A CIG esíxelle a Xunta de Galiza que abra unha investigación para clarexar o acontecido no accidente do xoves, 13 de setembro, onde desgrazadamente tres traballadores do SPDCIF sufriron a descarga de auga dunha aeronave nunha das zonas perimetrais do incendio forestal onde non existía risco ningún para as vivendas nin tampouco para o monte dado a falla de presencia de lapas.


Nota remitida aos medios