O 25 de outubro o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía emitiu a primeira sentenza que avala un ERE nunha Administración Pública. Trátase do Concello de Estepona pero o seu contido podería ser aplicable a calquera outra Administración pública. Descargar sentenza

Ademáis de marcar un antes e un despois na aplicación que fan as Administracións da reforma laboral, queda claro que o pagamento de proveedores é unha obriga que ten prioridade sobre os salarios dos empregados públicos. E da igual que as facturas sen pagar sexan de paparotas, dunha obra faraónica ou dun préstamo de usura. Unha medida que serve para dar confianza "aos mercados" e que vai no pack de poñer o pago dos intereses da débeda por riba dos intereses da propia cidadanía. A consecuencia: 167 traballadores do Concello de Estepona á rúa e a listaxe do paro segue a medrar.

Sen considerar o número de efectivos deste concello nin a súa situación financieira, que non é o caso, e fixándonos só nas consecuencias, está claro que nas Administracións de corte neoliberal a austeridade comeza sempre a aplicarse sobre a clase traballadora.