A disposición adicional Décimo sétima do proxecto de Lei dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2013, textualmente di "Medidas en relación co V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Durante o ano 2013 quedará suspendida a aplicación do artigo 19 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia".

A Lei de medidas no emprego público xa acernara de xeito importante o convenio colectivo coa eliminación de distintos artigos do convenio colectivo, entre eles o art. 19 agás o seu primeiro punto, o 19.1 no que se refire ao descanso semanal de dous días continuados. Como este recorte ainda non foi abondo para culminar coa  precarización das condicións de traballo dos empregados públicos que traballan a quendas todos os días da semana, do mes e do ano, aí vai outro machazo.

Coa eliminación do que  restaba do art. 19, o noso descanso semanal vai a ser o previsto no art. 37.1 do Estatuto dos Traballadores: un día e medio.

O Estatuto dos Trabalhadores/as estabelece uma norma mínima que nom se pode imcumprir (polo de agora); todo o demáis é mellorábel por vía da negociación coletiva. Nós tiñamos unha serie de dereitos mellorados por vía de Convenio e o nosso "patrón", que coincide que ten capacidade para lexislar, suspende o acordo sen ningúnha negociación.

Ao goberno do PP non lle importan nin a lei que emana dos convenios que pacta e asina libremente, nin os pronunciamentos xudiciais. Ten a maioría absoluta no Parlamento para lexislar contra os dereitos dos traballadores, e está claro que a exerce.