Por segunda vez este ano, NON HAI CARTOS PARA COMBUSTIBLE, cando menos en Pontevedra. Xa algún traballador foi repostar combustible para o vehículo de traballo, cando pasou a tarxeta detectou que non había saldo dispoñible. Aconsellamos a todo o persoal do SPDCIF que teña que ir repostar que antes lle solicite ao persoal da estación de servizo que comproben se a tarxeta ten saldo.

Se isto pasa recén aprobados os orzamentos de 2013, non queremos nin pensar o que pasará o resto do ano. Eso si, o diñeiro corre con alegría para outros conceptos. Visitar "falsa austeridade".