A Consellería de Cultura, Educación e O.U. vén de presentar na mesa sectorial de persoal docente do 12 de abril a proposta dun novo decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos. A intención da Consellaría de Educación nesta altura é deixar ao marxe ao persoal laboral na negociación deste decreto, a pesar de que afecta directamente ás súas condicións de traballo.

Por ese motivo, desde a CIG presentamos un escrito a Secretaría Xeral Técnica de Educación e á Dirección Xeral da Función Pública facendo constar o seguinte:

- Que desde a CIG temos coñecemento de que a Consellería de Cultura, Educación e O.U. ten intención de negociar na mesa sectorial de persoal docenteconvocada para o día 12 de abril de 2013 a proposta de novo decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos nonu niversitarios dependentes da Consellaría que ostenta as competencias en materia de Educación.

 - Que na proposta achegada para a mesa sectorial docente, constatamos que se inclúen referencias a materias que son obxecto de negociación colectiva para o persoal funcionario docente e para o persoal laboral da Administración xeral da Xunta, por incidir en aspectos que afectan ás condicións de traballo dos empregados públicos, consonte ao disposto no art. 37.1.m) do Estatuto básico do empregado público.

 - Que, por afectar cando menos a dous ámbitos sectoriais de negociación diferenciados, entendemos que o referido borrador debe ser negociado no ámbito da mesa xeral de empregados públicos, consonte ás previsións do artigo 36.3 do EBEP.

- Por ese motivo, desde a CIG demandamos que ademais de se tratar na mesa sectorial de persoal docente o decreto polo que se regulan os comedores escolares, se proceda a negociar esta materia na mesa xeral de empregados públicos.

Por último, desde a CIG advertímoslles á Consellería de Cultura, Educación e O.U. e á Dirección Xeral da Función Pública de que exercitaremos as accións legais que sexan oportunas ante os tribunais de xustiza, no caso de que se aprobe calquera regulación sobre condicións de traballo do persoal da Administración autonómica sen tratalo na mesa de negociación correspondente.