Tras a presentación de conflito colectivo do SPDCIF - Medio Rural polas catro organizacións sindicais presentes no ámbito da Función Pública de Galicia, CSI-F, UGT E CIG VIMOS DE PRESENTAR IGUALMENTE CONFLITO COLECTIVO ANTE O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA PARA TODO O PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

OBXECTO E FINALIDADE: QUE SE RESTITÚA A TODO O PERSOAL LABORAL (que puidese ou puidera estar afectado pola supresión do artigo 19 do Convenio Colectivo Único) O SEU DEREITO AOS DESCANSOS COMPENSATORIOS POR TRABALLAR EN DOMINGO E FESTIVOS.

MOTIVO: Tras as diversas consultas efectuadas ao persoal laboral afectado, dende UGT, CIG, e CSI•F asumimos os argumentos, preocupacións e necesidades manifestadas polos traballadores/as, pois:

- CONSIDERAMOS ESTA DECISIÓN DA XUNTA DE ILEGAL: Pois supón incumprir a normativa básica de obrigado cumprimento.

- TRÁTASE DUNHA DECISIÓN INXUSTA: Considérase igual traballar de forma habitual domingos e festivos que exclusivamente de luns a venres, impedindo a conciliación da vida familiar e laboral.

- É UNHA DECISIÓN TEMERARIA; Pois a eliminación dos descansos compensatorios pon en risco a seguridade e saúde dos traballadores.

Á marxe da presentación desta demanda, dende CIG, CSI•F e UGT animamos a todos os traballadores das consellerías afectadas a continuar participando en todas as mobilizacións convocadas en defensa dunhas condicións dignas de traballo e da estabilidade no emprego.

UGT CSI•F CIG