Tivemos coñecemento dos problemas económicos polos que está atravesando a concesionaria da cafetaría e comedor do edificio administrativo de San Caetano que poden ver afectado o normal desenvolvemento deste servizo. Segundo puidemos saber, en breve sairá a concurso a licitación pública dun novo contrato de concesión. Polo que respecta aos traballadores, os seus contratos deberan ser subrogados.
Son frecuentes as achegas de opinións e suxestións das traballadoras e traballadores que fan uso da cafetaría/comedor sobre o seu funcionamento. Porén, esta Administración, non ten artellado ningún sistema de participación das traballadoras e traballadores públicos na configuración deste servizo.
Xa que logo, vimos de solicitar que se nos remita información sobre a situación actual da contratación dos servizos de cafetería/comedor. Así mesmo que, nas futuras contratacións, se nos acheguen os pregos de condicións particulares previos á súa aprobación co fin de poder ser oídas as opinións das traballadoras e traballadores dos servizos centrais.
A dita solicitude, por tratarse dun servizo de idéntica natureza de alimentación e bebidas, fíxose estensibel ao servizo de máquinas espendedoras (autovending) nas dependencias dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza.