A Xunta de Persoal dos funcionarios e funcionarias da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra acordou dirixirse ao Director Xeral da Función Pública para a devolución de oficio da cantidade ilegalmente detraída da paga extra correspondente ao mes de decembro de 2012.

A Xunta de persoal de Pontevedra faise eco así das reaccións por parte de varias comunidades autónomas (como Estremadura ou Castela León) ao respecto de proceder á devolución da parte devengada da paga extraordinaria correspondente ao mes de decembro de 2012, derivada dos diferentes pronunciamentos xudiciais sobre a ilegalidade que supón a aplicación con carácter retroactivo do Real Decreto Lei 20/2012, sobre medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade. As diferentes sentenzas fan referencia á mesma xurisprudencia do Tribunal Constitucional que é contundente respecto da ilegalidade do “recorte retroactivo”, polo que non ten sentido esgotar as diferentes vías xudiciais co gasto que iso supón para as arcas da Administración da Xunta de Galicia.

Respecto das horas extras, diriximonos á e ó delegado territorial de Pontevedra e Vigo, para que inste aos distintos departamentos da Xunta de Galiza nos seus respectivos ámbitos para que informen mensualme a esta Xunta de Persoal das horas extraordinarias realizadas, especificando as causas, distribucións, sesións e relacións nominais do persoal funcionario que as realiza e das efectivamente realizadas, en base ao dereito recoñecido pola Lei da Función Pública de Galiza e o Estatuto Básico do Empregado Público a que as xuntas de persoal reciban información sobre a política de persoal así como sobre os datos referentes á evolución das retribucións.