Os/as empregados/as públicos/as galegos/as volvemos a ser outra vez os máis castigados das Administracións Públicas polos recortes salariais e de dereitos. Mentres o persoal doutras Administracións cobraron as extras íntegras, aquí non só as tivemos recortadas, senón que para o 2015 seguiremos a telas igualmente recortadas. Panorama que se vai prolongar ata o 2018 onde Feijoo promete que imos telas completas. Fácil promesa daquel que sabe que vai rematar o seu mandato no 2016.

Estes Orzamentos manteñen os recortes retributivos sen excepción, non contemplan o anunciado fondo de recuperación das extras que prometeu, manteñen en vigor as restriccións de dereitos, tanto no relativo a permisos e licencia como ao gravamen por enfermidade derivado das incapacidades temporais. Apostan pola diminución cuantitativa de persoal, ao seguir mantendo a taxa de reposición, a imposibilidade de recorrer a substitucións e interinaxes, ao que hai que sumar unhas ofertas de emprego ridículas.

A nosa capacidade retributiva mermou un 30% nestes anos de goberno popular, e a cambio se incrementou a carga de traballo e os recortes, a falta de promoción profesional.

Promocións internas e concursos convertíronse nestes anos en algo excepcional. E si a estes Orzamentos restritivos engadímoslle unha Lei do Emprego Público camiño do trámite parlamentario, esta Administración vai camiño de converterse nunha Deputación de Ourense máis, onde se pretende introducir o medo e o servilismo como instrumentos para favorecer a corrupción. 

NON MÁIS RECORTES NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA!!

POR UNS SERVIZOS PÚBLICOS GALEGOS DE CALIDADE!!