A Vicepresidencia da Xunta volve remodelar a súa relación de postos de traballo (RPT), por terceira vez no 2014. Din que buscan crear xefaturas porque non se ocupan certas prazas, pero o certo é que destruen 21 postos de traballo, que se suman aos outros 112 eliminados na anterior modificación.

Alfonso Rueda saca a tesoira, corta 21 postos, todos eles de nivel base de diversos grupos, e crea 13, todos eles xefes que así pode nomear a dedo ou en comisións de servizo, ata a seguinte modificación da RPT, abondando así no clientelismo no que ten sumida a súa consellería.

Mentres destrue emprego público, privatiza servizos, como a limpeza das dependencias xudiciais que serán entregados a empresas amigas. É inmoral que manteña persoal de limpeza con 2, 4 ou 6 horas de contrato que convive con traballadores/as de empresa privada.

 

Postos destruidos Postos creados
2 postos base A1 (nivel 20) 2 xefaturas de servizo  (nivel 28)
12 postos base C2 (nivel 12) 2 xefaturas de sección (nivel 25)
1 conductor/a (grupo IV) 9 xefaturas de negociado (nivel 18)
6 limpadores/as (grupo V) Total creado nesta RPT: 13
Total destruidos nesta RPT: 21  
Total destruidos no que vai de ano: 133  

 

Despois de dúas xuntanzas, recoñecemos uns pequenos cambios consistentes na supresión dalgúns méritos (coñecemento, formación ou experiencia), e requisitos (licenciatura en dereito dun posto). Pero o máis gordo, a destrución de emprego e conseguinte privatización, non a tocan.

En canto á situación en que está o persoal de tradución-interpretación recoñecen a súa inxustiza, van estudalo, pero non se mollan: adian a solución para o futuro.

Non está claro se van chegar a tempo para que a modificación lles quede definitivamente aprobada dentro do 2014.

Descargar proposta da Administración: ligazón. Descargar alegacións da CIG: ligazón.