Na Mesa Xeral do 15/12/2014, houbo unha serie de informacións de interese, que relatamos de seguido. Segundo o Director Xeral de Función Pública:

    • Recoñecemento de antigüidade ao persoal laboral temporal. Publicouse no DOG o 15/12/2014. Función Pública fará o recoñecemento de oficio e tentarán incorporalo á nómina de xaneiro.
    • A Oferta de Emprego Público-2015. Será no primeiro trimestre do 2015. Será menos restritiva.
    • Lei do Emprego Público. Están rematando coas traducións, e van remitírnola en canto a remitan ao Parlamento. Teremos unha xuntanza na que explicarán os cambios introducidos polo Consello de Goberno e que, segundo el, recollen unha parte dos cambios solicitados polos sindicatos. Veremos.
    • Ordes de integración. Contan ter xa informadas esta semana tres das seis ordes de integración que xa pasaran por mesa xeral e comezará por tanto o proceso. As tres primeiras serían: Fundación de desenvolvemento das comarcas, Fundación Galicia Emigración e Fundación Axencia Humanitaria de Galiza. Quedan: EPOSH, Xestur e IET. Están a traballando na orde de integración do GAIN.
    • Axentes Facultativos MedioAmbientais. A Lei de creación da escala exixía o título de técnico superior, o que prevé precisamente o EBEP para o grupo B. Por tanto, crean o grupo B. A integración do persoal na escala queda diferido á aprobación da disposición regulamentaria que desenvolverá as funcións e os requisitos, seguindo un modelo similar a Castilla-La Mancha.
    • Escala delineantes. Fan o mesmo que para os axentes facultativos medioambientais.
    • IPC galego no INGACAL. A CIG denuncia que non cobran o 0,3784% das retribucións salariais, como si cobran noutros entes da mesma consellería (AGADER, INTECMAR, FOGGA). Aplícaselles o convenio da Xunta. Quedaron en velo e respostar. A representante da consellería di que están en contacto coa DX de Orzamentos para ver como solucionalo. O responsábel de Orzamentos di que pode haber unha exclusión escrita nalgunha norma. Pedimos solución.
    • OEP escalas sanitarias (Lei 17). Insistimos no mesmo rogo que fixemos na anterior mesa e que non tivo resposta: reclamamos a convocatoria de oferta de emprego para as distintas clases de persoal funcionario de escalas sanitarias, que levan moitas delas sen convocatoria dende o ano 1992.
    • OEP veterinarios. Función Pública mantén a súa intención de convocar as 48 prazas de veterinario/a da OEP-2008. Non queda claro se esto requirirá unha nova OEP.
    • Substitución para Inspector médico de saúde laboral. Igual que na anterior mesa, preguntamos se tomaron decisións sobre o seguinte: a necesidade de que se corrixa un absurdo do que xa avisamos fai meses, do inaceptábel que resulta que para a cobertura temporal dun posto de inspector médico/a, puntué moito menos o tempo traballado precisamente neses mesmos postos que o tempo traballado como médico/a de familia.
    • Promoción interna. Non teñen ou non queren dar novas.
    • Concurrsos de traslados. Non van dar novas de aquí a finais de ano.