Na xuntanza celebrada o 25 de febreiro de 2015 entre as centrais sindicais e representantes da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a Administración anunciou que da marcha atrás e non procederá a ningún despedimento de traballadoras ou traballadores.

Deste xeito recúa nas intencións de amortizacións de 10 postos que están ocupados e procederá a enviarnos unha nova proposta.

Celebramos o éxito desta retirada pero o consideramos insuficiente xa que as reformas que tenta levar a cabo a Consellaría son enormes e tendentes a privatización dos servizos públicos. Celebramos que houbera unanimidade sindical na oposición a estes recortes a agardamos que continúe ante o panorama que nos plantexa a Administración onde nos espera o peche dos parque naturais co obxectivo de aumentar a politización do medio ambiente mediante a creación de dúas xefaturas, unha na zona norte e outra na sur, que atenderán indistintamente a todos os parques naturais do país obviando o territorio e nomeados por libre designación para que sexan permeábeis as presións para a desprotección do territorio que comprende os actuais parques e á rede natura.

A todo isto hai que engadir que a CMATI e a Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) seguen a manter a intención de eliminar máis de 91 postos de traballo que, aínda que non ocupados, constitúen un ataque gravísimo aos servizos públicos.

Deixámosche neste enlace as alegacións presentadas pola CIG

Tes á túa disposición tamén a documentación que nos remitiu a CMATI neste enlace e a que nos mandou a AGI nestoutro.