O 29 de xullo tivemos en Compostela unha nova xuntanza das organizacións sindicais xunto con Apropiga, para seguir traballando nos vindeiros actos a desenrolar no SPDCIF, logo da extraordinaria manifestación do pasado 22 de Xullo.

Os acordos aos que se chegaron foron os seguintes:

1º. Confección de nota de prensa denunciando a situación actual no tocante aos incendios forestais na nosa comunidade, onde a data de hoxe, xa se superan as hectáreas queimadas con respecto ao ano 2014. A nota de prensa sairá nestes días.

2º. A través dos respectivos comités de empresa, recopilación de datos reais dos medios humanos que faltan, tanto en cuadrillas, motobombas, casetas de vixiancia, emisoras, en definitiva, en todas as categorias profesionais, desmontando desta maneira os números do Pladiga, os 7000 efectivos no monte. Cando éstes datos sexan recollidos serán publicados, ben mediante rolda de prensa ou ben mediante nota.

3º. Está previsto, aínda que falta por concretar o día, faráse un acto consistente nunha marcha entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro, co persoal que poida acudir, co EPI, e onde se fará unha ofrenda polos compañeiros que ata agora faleceron, como se soe decir, en acto de servizo. Faríase tamén unha rolda de prensa, antes da saída.

4º. Tratouse o tema doutra manifestación, para o mes de setembro. Por traballar.

5º. Falouse igualmente dunha posible folga.