A CIG, dentro da campaña para esixir o cambio de denominación de categoría a "bombeiro forestal" ven de solicitar de novo xuntanzas cos partidos representados no parlamento galego para conquerir que se leve ao parlamento unha lei que nos recoñeza a verdadeira natureza do noso traballo.

Logo de que o parlamento andaluz aprobara a proposta do Partido Popular de Andalucía unha proposición non de lei que recoñece a categoría de bombeiro forestal e solicita a aplicación ó goberno central dos coeficientes reductores da idade de xubilación, retomamos esta reivindicación legal moral e xusta que que xa se contempla en Extremadura, La Rioja, Navarra, Aragón, Andalucía e noutras moitas que se está a tramitar.

Parécenos lóxico que na Galiza se recoñeza  ós traballadores do SPDCIF a mesma categoría que ós análogos doutras comunidades.