Publicada no DOG do 29/03/2019 a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se publica o Acordo para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

  1. A Dirección Xeral da Función Pública porá á disposición do persoal a través do Portax, https://portax.xunta.es, un enlace para consultar os datos que figuran no seu expediente no Rexistro Central de Persoal, e indicará se cumpre ou non os criterios xerais de avaliación, para os efectos de acadar o complemento do grao I da carreira profesional.
  2. Se cumpre algún dos criterios de avaliación, deberá solicitar o recoñecemento extraordinario do grao I empregando o modelo de solicitude que se habilitará a través do Portax, https://portax.xunta.es. Deberá cubrir todos os datos que aparezan, validalos, confirmalos e presentar a solicitude asinada electronicamente no Portax. Dispondrá dun prazo de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo.
  3. O persoal laboral que non teña acceso ao Portax poderá dirixir a súa solicitude ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda. O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen acceder ao recoñecemento extraordinario do grao I do complemento de carreira administrativa na páxina web da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional. Despois de premer sobre a solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos
  4. Mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública anunciarase no Diario Oficial de Galicia a exposición das resolucións estimatorias de recoñecemento extraordinario do complemento de carreira administrativa do grao I.

A CIG non renuncia a nada: vamos a solicitar a carreira, e a agardar ao que diga o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pola demanda interposta pola CIG contra a Orde do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado por Xunta, CCOO e UGT.