O recorte ese ano ascendeu a un total de 7.136.392€, o que supuxo a práctica liquidación deste Fondo. Desde 2011 o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial. O FAS fica reducido a unha única axuda, e este goberno non ten intención de devolvérnolo. Anuncian a publicación a finais de maio.

O xoves 09/05/2019 tivemos unha reunión os sindicatos con representación na Mesa Xeral cos representes da Xunta de Galiza por o mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), que fica relegado só a axuda para atención de persoas con discapacidade. Nesta reunión a CIG plantexou o siguinte:

A proposta de criterios de reparto do FAS 2018 presentada pola Dirección Xeral de Función Pública é a novena repetición do que foi a práctica desarticulación do FAS do ano 2011. Naquela convocatoria a Xunta golpeou ao persoal da administración autonómica co recorte de 7.136.392€, liquidando o Fondo e limitando as axudas a unha única modalidade, a de atención a persoas con discapacidade. Desde aquel ano o persoal da Xunta leva perdidos máis de 57 millóns de euros de masa salarial.

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL 2010 FAS 2011-2019
CONTÍA GLOBAL 9.136.392 € 2.000.000 €
CONTÍAS MÍNIMAS POR MODALIDADES
Atención á discapacidade 1.300 € 1.020 €
Xubilación 3.500 € 0 €
Fillos/as menores 150 € 0 €
Estudo de fillos/as 90 € 0 €
Estudo do persoal da Xunta 200 € 0 €
Adquisición de vivenda 1.532 € 0 €
Maiores a cargo 200 € 0 €
Gastos sanitarios (tratamentos, próteses) 60 € 0 €
Gastos sanitarios (produtos alimentarios) 60 € 0 €

 

En ningún destes oito últimos exercicios orzamentarios amosou a Xunta a máis mínima intención de reverter eses brutais recortes nos dereitos sociais do persoal. Tampouco se aproveitou ese caixón de xastre no que converteron o Acordo de Concertación para, non xa nin sequera presentar un plan de recuperación dese montante que formaba parte da nosa masa salarial, senón nin sequera para restabelecelo neste ano 2019.

A posición da CIG ao respecto da proposta da Xunta para este ano non pode, por tanto, diferir nada da que veu amosando desde o ano 2012, cando se negociou o FAS do 2011: un total rexeitamento, o que implica que a CIG non vai apoiar a proposta da Xunta e anunciamos o noso voto negativo.

Ademais presentamos as seguintes achegas:

  • Dotar o Fondo de Acción Social da Xunta de Galicia co 1% da masa salarial.
  • Recuperar todas as axudas do Fondo de Acción Social que tiñamos antes da crise e aumentalas progresivamente.
  • Compatibilizar as axudas do Fondo de accións social que se reciban por parte dos empregados públicos da Xunta com outras que podan percibir como cidadáns beneficiarios.
  • Respectar a distribucións segundo o nivel de renda das familias, decir que para a liña de axuda de atención de persoas con discapacidade queremos que se respete a axuda mínima (1.020) e máxima (2.160) e incrementar as intermedias ata esgotar o crédito total desta axuda.
  • Ampliar ao menos, os beneficios ou axudas que teñen compañeiros traballadores da Xunta de Galicia que pertencen a MUFACE, ou incluso de outras administracións, que a Xunta non contempla neste Fondo de Acción Social.
  • A solicitude de informes perante a seguridade social ou outro organismo para a xustificación da percepción das axudas do FAS que a faga a Xunta de Galicia directamente co permiso do solicitante.
  • A publicación do Fondo de Acción Social todos os anos sobre a mesma data.

Por parte da Administración, que enviou duas personas sen capacidade de negociación real, limitáronse a dicir que tiñan constancia das alegacións presentadas e tomaban nota do manifestado, pero que non ían modificar nada. Para que dea tempo a tramitar esta axuda este ano, van reducir os prazos de presentación, de 15 a 10 días hábiles, e que se publicará no DOG a finais deste mes de maio. 

Por parte das outras orgnaizacións sindicais, CSIF non asistiu, e CCOO e UGT presentaron alegacións conxuntas.

Resumo desta reunión: o FAS fica reducido a unha axuda, e esta Administración non ten intención, polo de agora, de aumentalo, e eso que a economía Galega, segundo eles mesmos din, vai vento en popa e a Xunta de Galiza ten superavit.